6 may 2016

CLAVES PARA O 'SORPASSO'

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia


A nociva influencia do neoliberalismo conduciunos cara a unha democracia de baixa intensidade que  substituíu a normalidade  da acción política por condutas autocráticas, cuxa única recondución  pasa  pola relevo político  dos causantes  da deterioración.

En política    as cousas  non son brancas ou negras por mais que así nolo queiran facer ver,  pois en boa praxe  o seu  desempeño é variado  e  mesmo multicolor, salvo cando como é o caso,  o mal funcionamento da democracia  causa  a mais común das patoloxías,  cuxa consecuencia levada   a termos  oftalmolóxicos tradúcese na aparición dun    daltonismo  conxénito que só posibilita  detectar a cor do diñeiro e anula  toda  visión lateral. 

Impedindo así a percepción dos danos colaterais ocasionados  coas súas lesivas prácticas políticas ao inxente  colectivo das súas vítimas; factor causante de tan predominante bicolor,    dese  branco e negro que extensivamente  e  para mal de moitos tomou rango de normalidade  ante  a degradante  función desempeñada na súa alternancia polos membros do bipartidismo como consecuencia da unánime defensa do credo  neoliberal , evidenciando con iso   que aos membros de ambos os partidos (PSOE e PP) como ao novo adscrito C's, non pode outorgárselles marxe algún de confianza para o desempeño do servizo público en razón á  súa probada apatía  cara ao interese xeral.

Circunstancia que debe ser tida  moi en conta   á hora de tomar    posición  nas  próximas eleccións xerais, por quen aposta decididamente por consumar un  cambio político  de nova orde,  máxime, a sabendas  que tanto as elites como os medios neoliberais dedicarán  todo o seu empeño en evitar  que isto aconteza. 
Non regateando o mínimo esforzo  en influír   e condicionar a axenda dos seus subordinados políticos do bipartidismo ou de novo  cuño, para  restrinxir tal posibilidade, como xa tentaron sen moito éxito coa conformación do goberno da errada  lexislatura que pola súa intromisión  tivemos que deixar atrás e vernos obrigados á repetición  de novos comicios.

Porque, na súa esencia a verdadeira finalidade do  neoliberalismo coa súa  órbita de satélites, pasa por consumar a  perda de dereitos políticos e sociais  e situar  a unha elite económica no centro da política, pois non en balde o neoliberalismo na súa versión orixinal, é de feito, o capitalismo sen miramentos, e por tanto, o principal inimigo da democracia participativa.

Esta condición  de primacía  e control  non é nada novo, senón a continuidade  do consenso bipartidista  que caracterizou o facer político dos últimos corenta anos  e cuxas consecuencias por negativas,  ademais de precipitar  a economía ao abismo elevou a corrupción e o capitalismo salvaxe a rango de protagonismo,  ao tempo de afundir  á cidadanía nun maremágnum de austeridade,  cuxa principal consecuencia acentuou  o agravamento da situación económica  e elevou os índices de desemprego  ata o extremo de alcanzar  rexistros insólitos. 

Un conxunto de trazos  que veñen confirmar    que   a inestabilidade e a incerteza serán o signo característico dos  tempos que veñen  como prezo a abonar para lograr como único obxectivo o cumprimento do supremo equilibrio das contas públicas, sempre que un envorco electoral  non  nos reconduza á sensatez das políticas de crecemento  e emprego.

Nese sentido as eleccións que veñen non poden ser outros comicios mais, pois   despois do fracaso vivido na odisea da fugaz lexislatura , votar, si debe servir para poñer límite á continuidade do inservible, sendo recomendable para o efecto  que   previo contacto coas urnas, os electores nun exercicio de reflexión precisen o sentido do seu voto e asuman  por convencemento que o  neoliberalismo mais que  a pedra  filosofal que todo o arranxa,  é o narcótico da resignación, o estupefaciente que nos fai esquecer que os paladines desa tese nunca reparten cando gañan e sempre recortan para non perder, sendo que por iso tal doutrina mais que o remedio  que a situación precisa sexa na súa propia contradición  a solución da entelequia.

Pero non teñen  de ser unicamente  os electores os que  tomen conciencia  de como proceder  ante os novos comicios, senón que en maior medida  deben facelo tamén as organizacións políticas con marchamo progresista, que  comprometidas en darlle un cambio  á situación teñen  de reaccionar unanimemente, e poñéndose de acordo, obstaculizar as manobras maquinadas   desde    a oligarquía económica no seu empeño   de manter     como  orde social,  a  precariedade sistémica e a  crise permanente, facendo da consolidación do neoliberalismo o seu credo ideolóxico e  modelo de vida. 

Aberración política que converte a singularidade desta democracia de baixo nivel nun instrumento de dominación ao servizo dunha regulación social absolutista e heteroxénea, que suscita novas formas de autoritarismo,  e que por tanto esixe  a debida resposta, que necesariamente  pasa por cumprir   coa responsabilidade moral e política de poñernos de acordo sobre a premisa de establecer un   programa  de mínimos, e a partir da  concorrencia, consumar a súa implantación mediante a conformación de espazos  de Unidade Popular, desde onde, ademais de combater    a consolidación  do neoliberalismo, acadar a través  do consenso  unha candidatura de síntese  coa que concorrer ás novas  eleccións xerais.  

E todo en  liña co acordo establecido  entre  EU e Podemos, que conta con todas as tinguiduras de converterse electoralmente nun  verdadeiro sorpasso e  na alternativa do cambio

No hay comentarios:

Publicar un comentario