30 jul 2015

EN ESPAÑA NON SE CREA EMPREGO

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia

Contra toda adulteración estatística, resulta probado que dende o gregarismo político e a austeridade é totalmente imposible crear ou xerar emprego, e tan só dende o impulso de políticas de crecemento e a promoción empresarial poderase inverter a situación.


Aínda sendo o paro o drama que levanta a maior preocupación na cidadanía, o verdadeiro problema do mercado laboral non é tan só o descomunal índice de desemprego senón a súa imposible erradicación; por canto a situación persistirá mentres a estrutura do actual modelo produtivo mantéñase cimentada sobre as quebradizas ruínas do sistema anterior, cuxa falta de solidez xa foi no seu día o factor desencadeante da crise e causa polo tanto da presente situación.

O erro non pode ser mais grave, de aí que por mais mensaxes de optimismo que se fagan  circular en véspera electoral, o certo é, que ao desemprego non se lle ve o final nin se lle verá, polo menos mentres non se afronten solucións acordes coas reformas estruturais de reordenamento e diversificación dos sectores produtivos; unha materia pendente, que ademais da adversa influencia de factores de índole exóxeno, trae a remolque o lastre inducido que sobre a economía do país provocaron as aciagas medidas de corte neoliberal.

Para comprender e interpretar a situación é obrigado retrotraerse no tempo, traendo a colación a transformación sufrida dende o segundo terzo do século pasado polo noso modelo produtivo, no transcurso de dúas fases entrelazadas, cuxo inicio parte do afianzamento do neoliberalismo para completarse coa sinatura do Acordo de Adhesión á CEE, resultando que en ambos os dous casos os prexuízos repercutidos ao noso ámbito produtivo foron ostensibles, e así, ao tempo que a consolidación do credo neoliberal impoñía a desregulación do mercado laboral, de negativa influencia para o emprego, a incorporación de España ao foro europeo, traduciuse nunha desfeita de primeira magnitude polo desmantelamento que causou tal decisión en sectores estratéxicos da nosa estrutura produtiva e cuxos efectos persisten hoxe en día pasando a ser o factor causante de que a nosa economía siga xerando paro endémico.

De aí o fracaso que representou para o noso país o actual proxecto xeopolítico e económico europeo, pois conducido dende a súa orixe polos exclusivos intereses de Alemaña, mais que afrontarse no contexto dun marco de converxencia real, a integración realizouse a través dunha configuración forzada, habida conta que levouse a termo fusionando artificialmente países e empresas con sistemas produtivos e niveis de competitividade contrapostos; e o que é mais grave, impoñendo como concepción política a figura do neoliberalismo, que circunscrita á prehistoria do pensamento económico, empantanou aos países periféricos como España nunha crise de baixo crecemento e alto desemprego, como consecuencia das propias medidas de austeridade patrocinadas polo establishment neoliberal europeo e o FMI.

É por iso que todo anuncio de creación de emprego sobre a base do actual modelo económico e produtivo, máis que ter condición efectiva, forma parte interesada dun deseño electoral; pois a reactivación positiva do mercado laboral, esixiría como paso previo recobrar o pulso á economía, e tal obxectivo é imposible de acadar  mentres se insista en utilizar a austeridade como remedio, por ser probado que a súa aplicación provoca un efecto contrario para que se di pretender, dende o punto e hora que ao bloquear o crecemento se frea a recuperación económica para convertela en barreira infranqueable e principal obstáculo na redución da taxa de paro. Podendo dicirse polo tanto, contra optimismos infundados, que en España, a ningún efecto estase a crear emprego senón prorrateando as horas de traballo, unha cruel repartición da miseria da que para maior contrariedade seguen quedando excluídos máis alá dun cuarto da poboación activa.

Non é por xeración espontánea como xorde esta arrevesada situación, senón que a mesma, é resultado das contraproducentes políticas de uniformidade, que á marxe de toda singularidade xenuína, foron levadas a termo a través do pacto de alternancia mantido dende a transición polos sucesivos gobernos do bipartidismo, que desempeñadas en favor das grandes corporacións empresariais e financeiras, viñeron a referendar a hexemonía do neoliberalismo, e así nunha traxectoria enchida de erros, chegaron ao extremo de referendar a nivel da Unión que os países do Norte, amparados na súa primacía, activaran as súas propias políticas de austeridade ao tempo de obrigarnos a redobrar o noso esforzo; acentuando unha situación de desigualdade que á marxe doutros aspectos, en materia laboral, propiciou unha nova fase de desmantelamento empresarial e aumentou con iso de forma vertixinosa a taxa de desemprego.

O fracaso está servido, pois á marxe de toda maquillaxe estatística e da pretendida baixada do paro que nos presentan, o certo é que na actualidade séguese a destruír máis emprego que o que se crea, non sendo polo tanto de recibo aceptar como alternativa de solución nin o continuísmo dos responsables políticos do desastre como tampouco o mantemento das falidas medidas de austeridade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario