24 jul 2015

NA ESQUERDA, É OBRIGADA A COVERXENCIA

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia

O feito de non lograr nestas Xenerais unha confluencia de esquerdas, botaría a perder cunha oportunidade histórica para o cambio, que ademais de disuadir a participación electoral de potenciais votantes, actuaría como acicate do neoliberalismo e referendo á continuidade dos axustes e políticas de austeridade.
Que cada un somos reféns das nosas propias circunstancias, é algo que de orixe parece certo, pero que a realidade fai que teñamos que reconsiderar, pois á hora de avaliar o alcance das nosas circunstancias e exercer a opción de cambialas, nós mesmos renunciamos a iso; e optando pola súa colectivización deixámonos guiar pola inconsciencia, encomendándonos inxenuamente á fascinación das promesas políticas, chegando ao contrasentido de requirir solución das nosas adversidades aos propios promotores destas; outorgando así confianza a uns partidos políticos que perpetuados no escándalo e a corrupción non dubidaron en converter a democracia na mais grotesca das comparsas para deleite e satisfacción dos seus mais acérrimos detractores, impedindo con iso por manifesto antagonismo que o facer político do bipartidismo sexa resposta aos problemas da sociedade.

Pero a pesar da veracidade desta percepción, cando a resposta de quen colectivamente haberían de postularse como solución alternativa non debera facerse esperar, paradoxalmente é a inmadurez quen se impón como o exterioriza o desafortunado comportamento dos seus integrantes, mais proclives a afianzarse en cantonalismos estériles que ceder da súa cerrazón, para así xuntar esforzos tendentes á conformación dunha candidatura de acción conxunta, moi a diferenza do sucedido en épocas pretéritas co establecemento exemplificante da Fronte Popular, que actualmente, segue a ser a única e exclusiva fórmula capaz de poñer remedio as graves desigualdades sociais e asimetrías de toda orde a que nos conduciu a alianza de intereses do neoliberalismo globalizador.

É por iso que resulta desconcertante que cando a coincidencia é plena entre as partes á hora de postular a erradicación do modelo neoliberal como un todo incuestionable, sexan os ecos do silencio a resposta dominante no diálogo de xordos que manteñen os que por responsabilidade estarían obrigado a acadar en avinza un acordo de unidade electoral.

Actitude de total inmadurez, mais grave se cadra, cando esta vén a producirse ao tempo dunha notoria radicalización neoliberal no marco europeo, como quedou probado a través do golpe de graza dado ao país heleno, e cando á marxe de aparencias diverxentes, a nivel nacional, as cúpulas do PP e PSOE en tácita complicidade afrontan ao unísono unha segunda transición, que ampliando o marco de restricións e recortes aplicados anteriormente, vén a rebaixar a mínimos as liberdades e dereitos civís, ata o extremo, de modificar como é o caso, a lexislación electoral, e todo, no contexto dun novo proceso de agresión que ademais de seguir minguando cotas de benestar á cidadanía, é sen dúbida ningunha, outra volta de rosca á moi debilitada calidade democrática do país.

Custa crer por tanto que mentres isto acontece e sólidos valores féndense, coma se nada estivese a pasar, os lideres do antineoliberalismo e por extensión opositores ao bipartidismo e referentes da esquerda social, cando a gran coalición bipartita xa está a funcionar dende a modificación expresa do artigo 135 da Constitución e a reprodución da estafa do 78 é o seu outro grande obxectivo, lonxe de tomar escala do asunto e proceder en confluencia articulando unha fronte ampla de neutralización, os afectados parecen non quererse decatar a pesar da emerxencia da situación, e aínda cando, subxace un acoso político en cuberto, toda vez que ambos os dous partidos dinásticos. teñen fixada a laminación da esquerda como obxectivo a bater e tan só con esta intención xa debera ser razón mais que sobrada para consolidar a unidade de acción como resposta.

Neste ámbito de desencontros é probado que a opinión das bases difire no substancial do parecer que manteñen as cúpulas dos distintos partidos, polo que en boa lóxica, para sortear toda diverxencia, sería bo por efectividade e mesmo por saúde democrática, que os aparatos das organizacións desen a palabra á xente en participación de confluencia, sen reservar unha determinación de tal calibre á exclusiva resolución dos dirixentes políticos, pois esa alianza de esquerdas, para a súa lexitimación, ten de ser construída dende a concorrencia para que ninguén  veña a caer na tentación de furtar á xente o seu dereito a decidir.

Polo tanto, de non proceder en consecuencia e levar a bo porto a necesaria confluencia electoral para o cambio, do fracaso obtido, todos os intervenientes sen excepción serán os culpables, como cómplices á vez, de avalar coa súa neglixencia a continuidade do poder oligárquico e favorecer cos seus desencontros a permanencia do bipartidismo e todo o seu parapeto institucional, e polo tanto, os que por irresponsabilidade, previo á súa dimisión, haberán de render contas ante o electorado ao que terán que explicar os motivos de converter unha oportunidade histórica para a transformación social nunha ocasión perdida, e con iso, a continuidade no tempo dos axustes e as políticas de austeridade .

Xa que logo, cumpre darlle tempo ao tempo e oportunidade á reflexión.










No hay comentarios:

Publicar un comentario