17 jul 2015

O PARO PROVÉN DA AUSTERIDADE

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia


 O paro é inherente á austeridade como sistema económico, e polo tanto, todo intento de xerar emprego pasa irremediablemente por erradicar de antemán a continuidade do factor causante.

A inadecuada transformación socioeconómica sobrevida no noso país nos últimos tempos, foi sen dúbida o factor causante da profunda alteración do mercado de traballo, e motivo polo tanto da destrución masiva de emprego, que de forma desmedida disparou os índices de paro poñendo en evidencia os desaxustes estruturais da nosa economía e a total incapacidade do actual modelo produtivo para xerar os postos de traballo suficientes para dar cobertura de forma efectiva á demanda potencial do mercado laboral.

Alteración que afectou á anterior división do desemprego sen distingo da rama de actividade, nin do sector económico, nin grupo social; contribuíndo a incrementar de forma desmedida o nivel de marxinación de colectivos específicos como proclama a situación dos grupos de idade, representados polos maiores de cincuenta anos que anticipadamente foron expulsados do mercado na recta final da súa vida laboral, ao igual que o sector de xente mais nova, que sen éxito buscan desesperadamente un primeiro emprego que nunca chega.

Aspectos todos eles que perpetúan as altas e persistentes taxas de paro, que de non se reducir e prorrogarse no tempo, ameazan con disparar unha conflitividade contida e quebrar así a debilitada estabilidade dun sistema que se mantén artificiosamente, porque as familias dos afectados, en "consorcio de subsistencia", contribúen polo menos en parte, a redistribuír a exigua renda entre os membros da súa unidade que teñen traballo e aqueles outros que non o teñen; circunstancia que sen cuestionar a súa condición solidaria, oficializa a precariedade sen contribuír en modo ningún á resolución do problema, pois tras todo intento de relativizar a pobreza absoluta dos parados escóndese a malsá intención de desactivar a súa capacidade reivindicativa.

Para afrontar o problema do paro de forma solvente, o menos recomendable é seguir confiando a súa solución aos axentes da economía especulativa como ata agora veuse facendo, pois en boa lóxica, a primeira esixencia que débese asumir para crear emprego é tomar coñecemento preciso sobre que factores foron os causantes da súa destrución, analizando igualmente os motivos que fixeron que o noso nivel de paro sexa disparatadamente maior ao dos países do ámbito próximo como tamén porque a súa evolución tivo un comportamento perniciosamente distinto.

Xa que só afondando nesta liña de análise poderase tomar coñecemento diferencial do problema e establecer así o tratamento axeitado que proporcione solucións definitivas para crear emprego, porque as outras "solucións", as aplicadas sobre o particular nos últimos anos polas forzas políticas sen distinción de siglas, mais que arranxar as duras cifras de desemprego foron proclamas interesadas, utilizadas en períodos de campaña co fin expreso de alcanzar réditos electorais, para unha vez acadados, omitir todo compromiso sobre o particular, e como acontece no caso do Executivo de Rajoy, deixar que o impulso do neoliberalismo e a austeridade impuxesen a voz cantante.

Non reparando o mais mínimo, en recoñecer que en materia de paro, despois de catro anos de lexislatura deixarán as cousas en bastante peor situación que como a encontraron, é dicir todo un enfoque institucionalista de percibir o paro como un subproduto non desexado aínda que de irremediable solución, pero tamén unha manifestación que por desafortunada ademais de facer dubidar da fiabilidade política do seu autor, representa un corte de mangas á tráxica situación de millóns de cidadáns que sen expectativas de futuro levan anos padecendo esta eiva.

As novas formas de funcionamento da economía, facendo que a economía especulativa impuxese a súa primacía sobre a economía real ata relegala ao ostracismo, por anacrónico comportamento, as súas consecuencias non se fixeron agardar e foron demoledoras, ata o punto de converter ao sector produtivo español nun enfermo crónico cos seus indicadores en números vermellos, e todo, como consecuencia do corte do crédito e a redución da demanda que por indución da crise ocasionou un proceso interminable de suspensións de pagamentos e quebras, forzando a desaparición dunha ampla fracción do tecido empresarial que provocou unha dilatada redución da actividade, facendo que variables como o emprego se derrubasen. e que para maior complexidade, o sector produtivo da economía como referente dinamizador do mercado laboral se vise substancialmente freado, e con iso, agravada aínda mais a xa de por si complexa problemática do paro.

A precaria situación que vive o país ademais de constatar o estrepitoso fracaso das políticas de austeridade, puxo de manifesto os seus efectos devastadores, non resultando polo tanto axeitado prorrogar por mais tempo a súa continuidade, que si, aplicar medidas acordes á nosa realidade, que necesariamente pasan por compaxinar políticas de crecemento con solucións de rescate e diversificación empresarial, que permitan tramitar melloría na solidez e comportamento do sistema produtivo, para así, poder avanzar dende a economía real cara á diversificación e xeración de emprego. 

Sendo imprescindible para iso, contar co cambio político de afinidade, por ser esta formulación a antítese da austeridade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario