15 may 2015

A DEMOCRACIA VÉN ABAIXO

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia


Cando faise caso omiso das voces críticas que denuncian e alertan sobre as malas prácticas políticas, é xusto o momento en que a degradación democrática abre paso á instauración da demagoxia.

Nun artigo de opinión como o presente, o autor, adoita expresar o seu parecer sobre un tema cotián, intentando a través do implícito da súa columna convencer e atraer as simpatías do seu público lector, que xeralmente, mantén relación de fidelidade co columnista en razón ao seu estilo e ao seu enxeño, e todo, no contexto dun enlace de tendencias que de satisfacer aos destinatarios, estes, nunha actitude de correspondencia converten o autor no seu referente de opinión e especialmente no seu articulista preferido, e cando isto acontece e o lector ofrécelle o valioso regalo do seu tempo e a súa atención, en deferencia, o beneficiado debe devolver algo digno, e o mellor presente non ten de ser outro que facer gala expresiva da verdade e do rigor informativo.

Non en balde, para satisfacer ambas as dúas contrapartidas é condición " sine qua non" fundamentar a información que se difunda, e iso en periodismo non é posible sen dispoñer da verdade obxectiva dos feitos, veracidade, que debe incluír en todo caso o deber de contrastar as súas fontes, e só satisfeitos eses requisitos poderase difundir co debido rigor e a precisa solvencia a información de contidos acreditados; pois suposto contrario, córrese o risco de facilitar o acceso ás malas prácticas e á marxe de todo código deontolóxico poñer en circulación contidos de deficiente solvencia ou de dubidosa credibilidade, ou para maior complexidade, proceder de modo sibilino deixando en mans do lector a potestade aleatoria de filtrar ou confirmar a ratificación do seu contexto.

Este autor, observante co establecido no artigo 20 da Constitución sobre o dereito de difusión, tendo presente igualmente a ampla xurisprudencia do Tribunal Constitucional sobre o termo veracidade no contexto informativo e o seu carácter de obriga extensiva cara a todo suxeito que se dedique a difundir información. Por iso, aínda cando como xénero xornalístico os artigos de opinión son máis abertos á subxectividade, é disciplina deste columnista auto impoñerse o rigor normativo ata as súas últimas consecuencias e actuar de forma estritamente rigorosa e fidedigna, máxime cando o contido dos seus artigos polas súas características poida ter a consideración de materia sensible e o seu alcance poida arrastrar repercusións a terceiros.

Pois ben, satisfeitas estas precisións de conduta e aínda a sabendas que nunha localidade como Fene a arrogancia de certos grupos políticos fai que crean imprimido no seu ADN o monopolio da verdade coa agravante de catalogar toda denuncia contra os seus actos con etiqueta de falsidade.

Ante ese intento de dobregar o evidente amordazando toda  voz crítica, é cando mais entusiasmo debe poñer o difusor da información na reafirmación das súas denuncias, pois calar cando a única resposta é o ninguneo,  ademais de revalidar a perversión presupón incrementar o déficit da calidade democrática ao condescender cuns representantes municipais que a pesar do probado carácter delituoso dos feitos denunciados seguen sen reaccionar, e todo, mentres sarcasticamente metidos en campaña electoral, non reparen o mais mínimo en erixirse en referentes da transparencia e adaís da participación cidadá a pesar da súa probada implicación en temas graves e públicos, vinculados á corrupción

É por iso que na singularidade dun Fene atípico onde a pesar das fundadas e referendadas
denuncias, a opacidade mantén alianza estratéxica co silencio administrativo, coa velada finalidade de consumar ilegalmente a alienación e cesión gratuíta de bens patrimoniais desta entidade local no contexto dunha actuación inmoral e ilícita que compartida por acción ou omisión por tres das forzas políticas que conforman a corporación, ante a contundencia das probas documentais que referendan os feitos e a reiterada negativa á emenda; en razón a esta renuncia de funcións non só estase a causar un menoscabo ao patrimonio público, senón tamén facendo un dano inmenso á imaxe da institución e que ante a pertinaz rebeldía corporativa esixe sen dilación a intervención da xudicatura vía resarcimento e expurga de responsabilidades.

Pois de igual modo que ao articulista se lle esixe que independentemente do xénero que utilice para transmitir a súa denuncia, o deber de ter rigor na base da súa información, ao político denunciado tamén debe esixírselle o rendemento de contas ante a cidadanía, pois caso contrario, virase a referendar que o peor da corrupción non é só que sexan frecuentes os comportamentos delituosos senón que estes queden impunes, e o que é mais grave que a pesar de todo e como resulta ser o caso se autorice a concorrencia dos procesados no proceso electoral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario