13 feb 2015

UNHA DAS DÚAS ESPAÑAS

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia

As continxencias derivadas da marxinación e desigualdade social, non só ensancha a brecha entre ricos e pobres, senón que provocan alto risco no funcionamento e a estabilidade democrática.

Alá por 1912 o insigne Antonio Machado, plasmaba o escenario da España bipolar daquela época mediante a publicación do seu famoso poema Españolito, que versionaba a dualidade enfrontada entre unha España progresista disposta a abrirse paso cara á modernidade, e a outra, conservadora, empeñada en pechar todo acceso á primeira; é dicir, un contraste de valores entre os que confiaban o futuro á superación e á forza de vontade do conxunto da cidadanía, e outros que no extremo oposto o encomendaban ao destino determinista do existente, ou o que é o mesmo, ao ditado dos seus propios intereses.

Pois ben, xusto un século despois, cando en boa lóxica tras a instauración da democracia debese quedar superada aquela bipolaridade discordante, paradoxalmente, é cando os proverbios escritos polo poeta hispalense cobran maior actualidade, ao así, por mais que moitos crésemos sorteada aquela etapa, tamén agora se lle xea o corazón ao mais pintado ante a realidade diverxente dunha sociedade escindida, nesta España de paridade contraposta, onde as miserias dos marxinados entra en confrontación coa opulencia dos agraciados, xa que a súa profusión por dilatada, trae a colación, que as amargas experiencias sufridas por millóns de españois naqueles tempos, mais que formar parte da historia toman corpo de actualidade.

Polo tanto, negarse a recoñecer esa evidencia como fai o presidente  Rajoy vestindo de rosa intenso a realidade do país, ten por equivalencia, asumir como propia a autoría da conflagración que en cernes ameaza con librarse entre as dúas esferas disentidas da nosa estrutura social, é dicir, entre a clase media que conxuntamente cos grupos máis desfavorecidos sufriron o maior impacto da crise, cuxa severidade repercutida situou a mais de 13 millóns dos seus afectados en risco de pobreza e exclusión social, contra aqueles outros que en versión oposta, sacan partida da situación utilizándoa para afianzar aínda máis as súas desmesuradas plusvalías, tal como pon de manifesto os exorbitantes 9.756 millóns de euros de beneficio neto dunha banca recén rescatada con diñeiro público, ou  no seu caso, o record de rendementos conseguido en plena crise polas empresas do Ibex 35.

Resultados que por contrapostos son a perfecta reprodución dunha as mais anacrónicas achegas do neoliberalismo, comunmente recoñecida como a "sociedade dos dous terzos"; aquela onde o sistema político dominante, para preservar os seus propios privilexios, granxéase aliados á súa causa garantindo estratexicamente como dación en pagamento, a interinidade económica e laboral das dúas terceiras partes dunha poboación que se cree favorecida, ao tempo, que desamparan sen contemplacións ao terzo restante, prostrándoo na miseria e a exclusión, consolidando así a dinámica do "sálvese quen poida" coa finalidade de lograr o enfrontamento e a fragmentación social, para dende a división, ensanchar as desigualdades coa supresión dos recursos de protección social na súa vertente redistributiva e asistencial

De aí que a enorme deterioración que a cohesión social experimentou no noso país durante os últimos 7 anos, sexa sen dúbida a causa da crecente fractura social e do severo aumento das desigualdades, pero con todo, a verdadeira natureza da situación parte das continuas e perversas medidas que en idéntico período foron articuladas polo dueto gobernamental PSOE - PP, e que paulatinamente ademais de debilitar ata a extenuación ao Estado de Dereito, fixeron da democracia unha parodia e un libelo da Constitución, para así, invocando a salvación do país coa crise por tapadeira, impoñer como modelo de convivencia, o neoliberalismo máis descarnado e completamente inverso ao sustentado por consenso constitucional., utilizando este ámbito de conveniencia para levar a remate a operación de desmontaxe do Estado de benestar e a redución á mínima expresión dos sectores máis sensibles do Estado social.

Estas prácticas por degradante son expositivas que a nosa democracia non pasa polo seu mellor momento, e que os obrigados en primeiro termo a salvagardar a súa continuidade, desertaron apostando pola involución, coa ostensible intención de devolvernos ao noso pasado máis escuro como pon de relevo a ofensiva desatada contra o marco constitucional, e o ataque sen cuartel contra o modelo de convivencia como aos nosos dereitos sociais; medidas que pola súa tinguidura extremistas son a reafirmación de vellas teses, que á parte de resucitar o espírito belixerante das dúas Españas teñen por perversa finalidade acentuar as desigualdades entre a cidadanía coa expresa intención incitar confrontación.

A última palabra sempre deben tela as urnas, de aí que a pesar de todo, ninguén nos seus cabais ten de  entrar á provocación que tenden os actuais axitadores políticos, empeñados en reproducir no país as dúas Españas de outrora, para que sexa unha delas, como dicía o poeta, quen nos xee o corazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario