28 feb 2014

IMPRESCINDIBLE PARA O EMPREGO

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Infocadernos; Globedia

A través dunha formación especializada e cualificada, ademais de evitarse o desemprego optimízanse os recursos e as condicións necesaria para acadar a creación de emprego.

Que a formación é peza clave na xeración de emprego é un todo incuestionable, agora ben, iso é así só cando o seu contido instrutivo se cingue a regras de especialización e axústase a variables de carácter estratéxico, de tal forma que o seu contido ademais do puramente docente teña en conta igualmente as necesidades e prioridades que demanda o mercado laboral.

Pois de non cumprir con estes requisitos, a formación, mais que un medio para alcanzar a empregabilidade, ademais dunha absoluta perda de tempo resultará ser un inútil modo de gastar a pólvora en salvas, pois ao converterse na solución de nada, producirá o efecto oposto ao seu propósito inspirador e por falta de resultados o único que logrará será acrecentar os índices de paro, e mentres, continuará proxectando o desencanto e a frustración entre os destinatarios.

Lamentablemente isto é o que verdadeiramente está a acontecer, e por mais mensaxes de optimismo que nos queiran trasladar, a realidade pinta en negativo á vez que nos empraza a asumir que a tempo presente, a influencia da formación no emprego é totalmente inexistente, téndose  de afirmar ao respecto que a 9 de cada 10 concorrentes a cursos de especialización, o contido destes non satisfixo en nada as súas expectativas, é dicir, non produciu reacción positiva na súa situación laboral.

Iso débese ao empeño en manter vixente un modelo falido, ese estándar de formación para o emprego afrontada de forma tripartita polo goberno, a patronal e os sindicatos, que actualmente, ademais de estar descontextualizada da realidade do mercado laboral esqueceu a súa verdadeira finalidade, ao desenvolverse sen o axuste que impón o novo mercado de traballo cunha estrutura produtiva exposta a constante cambio e permanente transformación.

A pesar da súa notoria disfuncionalidade, a continuidade deste adulterado sistema mantense soportado nun trasfondo alleo ao meramente educativo, que dito sexa de paso importa ben pouco; pero tal afirmación non debe resultar nada novo, habida conta que a formación para o emprego leva 20 anos comportándose como un negocio sen límites, a través dun combinado xogo de poderes onde os distintos actores entran en pugna, non para mellorar a calidade do servizo, senón para o só efecto de conseguir a maior cantidade posible de fondos públicos co exclusivo destino de satisfacer o seu lucro persoal.

E iso é así aínda que en descarga, os corruptos protagonistas busquen a impunidade facendo crer que a recadación dos seus excesos é utilizada para a non menos delituosa función de complementar o financiamento das entidades patronais e das organizacións sindicais de pertenza.

Ante a avultada bolsa de fraude xerada polo uso arbitrario dos fondos de formación, por actualidade mediática, é de significar o escándalo que estes días en competencia delituosa veñen protagonizando as mafias dirixentes dos sindicatos e a patronal, e cuxo importe acumulado por exorbitante volume ten de ser cifrado en millóns de euros, e este indebido xeito de enriquecemento, tomando apropiación indebida do diñeiro dedicado a formar xente para sacalos do paro, materialícea quen sexa, ademais dunha canallada é unha práctica que supera a peor das indecencias.

Por iso, temos  de decatarnos que nesta armazón de corrupción non son as institucións as artífices do delito, senón os mestres de cerimonia que conforman a súa cúpula directiva, de aí o craso erro que supón neste caso confundir a parte co todo, e infectar de culpabilidade tanto á colectividade de empresarios coma á afiliación sindical, cando estes colectivos e as súas entidades de participación son parte allea á comisión duns feitos delituosos, cuxo groso de fondos corruptos, teñen por único destino o enriquecemento duns degradados dirixentes, quen agora, a través de subterfuxios intentan camuflar o seu indigno proceder.

Por iso, para que estes estamentos de representación retomen unha función estable dentro do sistema e recuperen a confianza perdida, non queda outra que afrontar unha renovación exhaustiva da súa estrutura xerárquica, expurgando de raíz todo o lastre que as invade, e só dende a consumación desa premisa poderán afrontar unha nova andaina en clave de solvencia., pois toda solución á crise de representación pasa forzosamente por erradicar a impunidade dos corruptos.

Só dende o escenario resultante será posible adxudicar á formación para o emprego a natureza da súa relevancia, pois cesando o mal uso dos fondos consignados, axustando o contidos da súa finalidade á nova conxuntura e posibilitando reformas en avaliación permanente de resultados, ambas as dúas e institucións estarán en condicións de cumprir con eficacia un papel preponderante coa finalidade de que o sistema de formación para o emprego teña os resultados desexados.

                                                                                                                       

No hay comentarios:

Publicar un comentario