PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Infocadernos; Globedia
A continuidade e futuro do sector público naval, formalmente debera estar a expensas de decisións políticas, pero a xulgar polos feitos, é a dinámica dos mercados á marxe da política, quen impón as regras de funcionamento e a súa ordenación sectorial.
A continuidade e futuro do sector público naval, formalmente debera estar a expensas de decisións políticas, pero a xulgar polos feitos, é a dinámica dos mercados á marxe da política, quen impón as regras de funcionamento e a súa ordenación sectorial.
Mentres a xestión dos estaleiros adscritos á súa competencia resulta desastrosa: inactivos, sen traza de pedidos e á cola do sector; o nefasto ministro Montoro, lonxe de tomar encontro coa realidade e poñer remedio a esta grave situación, por toda resposta, nun novo arrebato de excentricidade, opta por enarborar o estandarte do triunfalismo electoral e profetizar de forma insolente, que o PP gañará as eleccións porque "os mercados non son gilipollas".
Por non variar de extravagancia, de novo este señor, vén a transmitir outra solemne estupidez co ánimo de eludir a súa responsabilidade política, pois pola nefasta acción de goberno do PP, resulta de todo punto inaudito imaxinar a posibilidade que esta formación volva obter a confianza dos votantes para poder incautarse do poder executivo, salvo, que no seu índice de disparates lexislativos, o goberno conservador, teña en cernes unha reforma da Lei Electoral, onde decidan derrogar o voto cidadán, e en suplencia, outorgar a condición de exclusivos electores a eses mercados afíns que tanto gusta de eloxiar este axitador.
Xustamente, eses operadores que sinala o ministro como os socorristas que manterán a prórroga da súa formación en primeira liña do candeeiro político, paradoxalmente agrupan ese colectivo de intereses cuxas prácticas mercantís pouco ortodoxas, en boa medida, son as causantes de provocar a situación de precariedade, que por exemplo, sofre o mercado de construción do sector naval, e por engadido, culpables igualmente que a carteira de pedidos dos estaleiros públicos marque un récord de mínimos no seu histórico de contratación.
Complicada situación que mais que frivolidade política, demanda responsabilidade resolutiva a través de decisións de urxencia, aplicando ao efecto medidas de constrinximento que eviten o ocaso deste sector estratéxico, por canto, as atraentes expectativas de desenvolvemento que se prognostican no contexto do mercado mundial, rompen a tendencia adversa do último ciclo, augurando un futuro prometedor, que abre oportunidade ao relanzamento, ocasión que de manter o actual estado de renuncia pode desaproveitarse e converterse na trangallada que motive quedar descolgados a e á marxe de poder aproveitar esta nova oportunidade de recuperación e afianzamento do sector.
De aí que mais que exhibicións de idolatría para cos "mercados non gilipollas", este mameluco metido a ministro, debera cesar con esas bravatas e poñer límite á súa arrogancia característica, a esa arrevesada conduta, que tomou por práctica de actuación dende o seu nomeamento, e que co paso do tempo, en vez de evolucionar a positivo derivou cara a actitudes de incompetencia e ruindade, sendo a hemeroteca o mais fiable delator desta realidade ao poder falar do pasado en termos de actualidade.
E é así como podemos percibir ás claras a que está a liar este señor, que vén a ser o mesmo, que en papel de oposición cargaba as súas críticas contra a representación executiva do goberno anterior polos nulos resultados de contratación, e cando agora por alternancia política ostenta a máxima xerarquía do sector e as cifras do seu empeorado balance superan en negativo as do seu antecesor no cargo, é nesta comprometida tesitura cando este individuo se desprende do código de conduta e en vez de asumir o fracaso das súas accións, de súbito, a través dunha manobra de sálvese quen poida, escapule toda culpa mentres tira de exterminio contra o seu lugartenente na presidencia de Navantía, cuxa cabeza rodará mais pronto que tarde.
Fatal desenlace que sen ser a solución de nada, como sempre acontece en política, toma por vítima propiciatoria a quen indebidamente sufrirá as consecuencias da neglixente xestión do principal responsable e directo causante a extrema situación que padece o sector, é dicir, a persoa do ministro Montoro, ese fascinado e ostensible amigo dos "mercados non gilipollas".
Aquel que en plena campaña electoral anunciase a bombo e prato que poñería remedio á gran seca contractual do goberno socialista, declaración en clave de optimismo, que se corresponde coa tamén realizada en sesión de control parlamentario, cando xa como ministro, sen detallar encargos, non dubidou en elevar a fantasía á realidade dando por certo a existencia de importantes contratos asinados por Navantía; ou a mesma persoa, que segue alimentando ambigüidades xogando ao gato e ao rato coa construción do dique flotante; ese home pouco serio, que sen inmutarse é capaz de tirar do cinismo e confirmar a existencia de alta ocupación no naval ferrolán, cando se estaba a concluír a última unidade de contratación e apestaba a baleiro a carteira de pedidos, etc., etc.
Cando isto acontece, e a actitude executiva do mais directo responsable do naval público, resulta ser un expoñente de arbitrariedade e de antítese resolutiva, entón, á par de pecharse toda expectativa de solución, percibes, como no teu caso o ministro, "si che trata de gilipollas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario