PUBLICADO 05/01/2013 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario; Globedia
O emprego ten de ser a prioridade absoluta sobre calquera outra formulación de reactivación económica.
Xa estamos metidos de cheo no 2013, ano do desconcerto. Esa debe ser a etiqueta determinante deste novo período,
se facemos caso do balance de peche de exercicio do presidente Rajoy, quen nunha intervención infestada de
incoherencias, como prognóstico, precisou entre outras lindezas, que a
nova anualidade sería o comezo da creación de emprego, mentres a continuación, ás preguntas
dos xornalistas negaba
resposta á probabilidade de que o paro
alcanzase o seis millóns de afectados.
Mariano, parece que o evidente non é o seu forte !.
Polo visto, o seu son as falacias de ligazón, é dicir, utilizar premisas
faltas de conexión lóxica con respecto
ás conclusións; pois resulta un todo
antagónico a confluencia entre crecemento positivo do emprego e o incremento negativo do paro.
Unha de dúas, ou sobe o emprego ou faino o paro, tendo en conta que a
concorrencia de ambos os factores máis que improbable é imposible.
Debera ter
presente que cando unha algarabía deste xénero tomaba
protagonismo escénico, era cando Platón adoitaba dicir que; ...os
razoamentos, como os homes, a miúdo son hipócritas.
Quen desde estas liñas rexeita ese engano colectivo que vén de proxectarse desde o
Executivo, faino, para evidenciar que tras ese enfoque de confusión da realidade, téntase facer
tragar á poboación coa falsidade de
recortes e austeridade atribuíndolles
calidade milagrosa, capaz de
restablecer os anteriores niveis de
ocupación e emprego. Rexeitable manobra
utilizada para alimentar falsas
esperanzas nos destinatarios, cando saben de antemán que o
conxunto de reformas lexislativas que se puxeron en práctica vía de
urxencia, tiveron por única finalidade
anular a estrutura material do benestar, como asemade, acoutar as liberdades colectivas e
individuais co obxectivo
de someter toda rebeldía e poder impor así un clima
predisposto á resignación.
Polo visto, Rajoy e os seus adxuntos pensan sacarnos da crise sen variar de modelo económico; formulación equívoca,
tan insólita como quen decide afrontar unha fuxida cara adiante tentando
escapar a toda celeridade da súa propia
sombra.
É obvio que a actual situación dista moito de ser un referente mais na
reiteración das crises cíclicas. Esta vez encallamos
nos escollos da economía
neoliberal, e así, nun tempo record,
pola súa propia influencia e
consecuencia dunha deficiente
xestión política, vémonos abocados a un
"cambio de ciclo" , cuxas características difiren no
substancial do modelo precedente.
Avatar, que recomenda refugar os
empachos de esplendor de épocas pasadas para asumir unha nova realidade cuxa complexidade desvanece toda posibilidade
dunha solución convencional.
O actual
crack, representa un punto de
inflexión cuxa notoriedade se fai patente ao verificar a configuración do
mercado laboral en contraste co
desequilibrio existente entre as
actividades dos distintos sectores produtivos.
Mostra que por si soa, adultera toda solvencia ás acesas proclamas que prodiga o Executivo coa finalidade de alimentar expectativas
sobre a creación de emprego, e cuxas
previsións, se contradín en contraste
coa evolución da
estatística intersectorial.
Así, cabe referir
que no transcurso do período comprendido entre o 2007 e o 2012, o sector primario mostrou un
decrecemento que pasou do 4,31% ao
4,20%, idéntica tendencia reflectiu a
actividade industrial que reduciu o seu
índice ao pasar do 15,88% ao 13,99%,
mesmo rumbo que o tomado polo sector da construción que como consecuencia do
desastre inmobiliario disparou o seu
diferencial caendo do 13,24% até o
6,84%. Comportamento distintos dáse no
sector servizos, un caso que se agrava por hipertrofia , ao pasar do
66,54% da poboación ocupada a 74,94%.
Nesta conxuntura a
preferencia está marcada, tendo de ser o emprego a
prioridade absoluta sobre calquera
outra formulación de reactivación económica; por iso, vistas as referencias estatísticas que
anteceden; como condición previa, é
evidente por necesario o reaxuste
urxente da estrutura produtiva. Un reordenamento sectorial, que terá de producirse
compaxinando tal decisión co
fomento da eficiencia produtiva e o
investimento en novas tecnoloxías, por
ser factores craves nun proceso de modernización ineludible para acadar a reactivación do emprego conxuntamente
co impulso do modelo de
crecemento que a nova situación demanda.
Por iso, halo de explicar Mariano, pois a verdade que
de súpeto faise difícil entender esa versión oculta de como crear emprego
utilizando como método a inercia da
xeración espontánea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario