23 nov 2012

OBRIGADA DISCIPLINA


BLICADO 24/11/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario; Globedia


Os políticos teñen de asumir dunha vez por todas  que por encima dos intereses  da banca está o interese xeral dos cidadáns.


A crise non é selectiva,  pois  tanto afunde  o conveniente  como destrúe  o negativo  e boa mostra  diso  é o cesamento  da   corrupción urbanística;  aquela actividade  tan deostada  mediáticamente e implacable obxectivo do poder xudicial, que  da noite para a mañá, aos primeiros toques  de alarma,  perdeu todo fol até   desinflarse a idéntica  velocidade que a súa matriz impulsora, que non foi outra  que a burbulla inmobiliaria.

Agora ben,  si  simplemente tomamos de bo grado a  forzada expulsión do  mercado  de quen como mercenarios do solo  exercían o papel   de feroces especuladores  á marxe de todo  código de conduta, estaremos renunciando  a erradicar  o factor causante  daqueles excesos. Que non foi outro que unha falsa forma de reconducir o planeamento  a través de procedementos  dependentes en exclusiva   do "trámite político", e baleiros por tanto,  de toda  fiabilidade científica  ao non estar participados debidamente desde un ámbito interdisciplinar,  circunstancia que reduciu a eficacia dos  Plans á mera cumplimentación de paradigmas cartográficas.

A pesar diso,  de que a  grave crise económica  non afrouxa, a clase política no canto de estar a repensar o urbanismo  insiste   en manter  os seus erros de outrora, decidindo    dar continuidade á mala planificación  aplicada  até a data,   aínda cando,  é indiscutible que a maioría dos plans xenuínos teñen o seu teito potencial  sobredimensionado, ou o que é o mesmo, as bolsas  de solo urbano e urbanizable dos territorios  municipais   manteñen unha desproporción esaxerada, todo un  despropósito inxustificable  cando é  de sobras evidente que o sector inmobiliario continuará en recesión.

Aínda considerando  que a actual  lexislación do solo segue pensada para crecer, a realidade dos feitos emprázanos  asumir  novas alternativas,  reprogramando  os solos en desuso, achicando a delimitación do solo urbano, etc..
Toca afrontar un  encontro coa realidade, e  asumir por probado  que o actual modelo de aplicación  está esgotado tanto para a situación presente como para os anos futuros, por iso , habemos de renunciar a esa actitude  irreflexiva  de seguir  mantendo que o futuro do sistema produtivo e a economía seguirá desprazándose  ao redor da  actividade inmobiliaria.

Chegado a este punto  non hai que despistar  que a presente pasividade política, ten excepcións notorias  e influencias  selectivas, basta asumir  que a  conexión entre burbulla inmobiliaria e quebra do sistema hipotecario é un feito concluínte, como  tamén, que as entidades financeiras como  secuencia da resaca  das súas arriscadas operacións de épocas de gloria, arrastren actualmente  un lastre de 88.000 millóns de euros  en solo, feito que traducido  podemos afirmar que é o  mais preocupante activo tóxico da banca.

Pois ben, por tratarse de quen se trata,  para  tapar o interminable  despropósito bancario e  evitar que  perdan miles de millóns de euros, neste caso, unha vez mais, para impedir o seu esborralle,  o goberno   acode de novo en exercicio de rescate  do sector promovendo unha   modificación  a lei do solo a fin de adxudicar  condición urbanística irrevogable e igualmente  alterar as valoracións para que as taxacións resultantes séxanlles mais favorables.

Curioso marco de igualdade o que preside a práctica política do Goberno  do país, pois co outorgamento destas prerrogativas á elite financeira, ademais de primar  os manexos  mercantís,  está a establecer preferencias no marco lexislativo a favor dunha minoría, cuxa repercusión  resulta  ser un expoñente de agravio   comparativo con derivación de prexuízos  a terceiros. Resultando unha atrocidade  que por esta  casuística chegásese a limitar o marco competencial, nos  ámbitos e  materias reservados  a quen teñen atribucións conferidas na  revisión e redacción do  planeamento.

Os políticos teñen de asumir dunha vez por todas  que por encima dos intereses  da banca está o interese xeral dos cidadáns,  e que  os plans xerais de ordenación   non poden ver influída  a súa redacción ou revisión por axentes externos aos que representan a  maioría social

Xa que logo, non é admisible prorrogar por mais temporalidade o anacronismo dos  plans vixentes,  sendo obrigado o seu axuste  á realidade  urbanística dos novos tempos. Como igualmente,  concluída a súa revisión,  é  preciso a  conciliación do seu contido co actual escenario económico,  como tamén  o exame da súa fiscalidade, reaxustando os censos  catastrais acorde ao contexto  dos plans resultantes,   e a consecuente elaboración de novas ponencias  de valores  en consonancia coa redución  repercutida pola desvalorización causada aos  modestos propietarios  polos axitadores do   mercado inmobiliario.
Pois se mire por onde se queira, non é de recibo que teñan de seguir  pagando xustos por pecadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario