17 ago 2012

CONCELLOS Á DERIVA

PUBLICADO 18/08/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario; Globedia

Ao parecer  hai quen interesadamente se nega a recoñecer  que a historia é o prologo do futuro ,  e por iso a pesar do tempo transcorrido e dos mil avatares históricos intermedios;  actualmente,  os desencontros  sobre a configuración  da vertebración viable do Estado  seguen sendo suxeito de debate.

Durante a primeira república de1873, os levantamentos cantonalistas sucedéronse maiormente  por amplas zonas do sur e o levante español, sendo rechamante a  declaración de independencia do chamado "cantón de Jumilla", cuxo manifesto  ameazante, deixa en anécdota as mais radicais aspiracións secesionistas que manteñen  as actuais formacións  nacionalista do Estado.  Ao advertir na súa proclama,  que os  que se atrevesen  descoñecer a súa autonomía  ou traspasar as súas fronteiras, Jumilla, procedería en consecuencia, defendendo a súa  autodeterminación até as últimas consecuencias,  promovendo ao efecto o  xusto desquite, co desafiante anuncio de non deixar pedra sobre pedra  do  territorio patrio dos seus invasores .

Aqueles grotescos  episodios da nosa historia foron causados pola  inestabilidade institucional do momento. Aquel intento  errado de converter o estado  nunha iteración  de feudos do cantolamismo ultralocal, tiña a súa xénese na corrupción intelectual dos seus propios proxenitores, que non foron outros distintos    aos caciques de turno, nun claro afán de reforzar o seu poder, sen tomar escala que aquel desatino  era un despropósito cuxa repercusión traería unhas consecuencias irreparables como posteriormente  veu demostrar a cruenta realidade dos feitos.

Ao parecer  hai quen interesadamente se nega a recoñecer  que a historia é o prologo do futuro ,  e por iso a pesar do tempo transcorrido e dos mil avatares históricos intermedios;  actualmente,  os desencontros  sobre a configuración  da vertebración viable do Estado  seguen sendo suxeito de debate, o  pano de fondo do escenario político. 

Agora  o esperpento da organización  espacial  dos municipios, é un reflexo daquel  tempo pretérito, co factor engadido de ter que  acrisolarse  a estratexias de rendementos  da nova orde electoral. Á marxe, tan só cambiou o esquema de ordenación e a figura  dos operadores,  investíndose  o ultra cantonalismo da época polas modernas  fusións corporativas modeladas  nun  centralismo impenetrable. Mentres a representación política, mantén a ineficacia de outrora,  retocando tan só pinceladas  ao suxeito da súa obediencia.E se onte naquela república  eran súbditos do caciquismo decimonónico, agora, nesta democracia falsificada, exercen de subordinados, acatando como autoridade  suprema  o mandato que  impón a tiranía dos mercados.

Por iso non debe causarnos nin a mais mínima sorpresa que  os únicos que acceden á función pública sen superar oposición algunha,   nin  salvar proba de méritos; quen a pesar do tal contrasenso,  non reparan  en dirixir  o  aspecto máis decisivo nas nosas vidas, chegado o momento de avaliar o resultados  da súa xestión, tenten camuflar as súas limitacións evadindo toda causa de responsabilidade,   pois non temos que   despistar  que a súa estratexia  estriba en outorgarlle  ao carné militante  mais  validez de paridade que o  título universitario  de maior rango , para  así,  negando a constancia de que non todos valemos para todo, desde o trampolín da plataforma  política,  sen estudos ou mal aproveitados, nin cualificación apropiada e á marxe  dos controis debidos alcanzar o poder supremo para trincar e medrar sen límite.

Tras  a garantía de continuidade  dese  status  de preferencia  que goza  o selectivo gremio de favorecidos  que ostentan a  gobernabilidade do municipalismo do  país,  ocúltase o   extravagante criterio que argumenta este colectivo  para fusionar  corporacións locais como método de racionalización de medios e  redución de custos.  Sendo evidente que tras esa disparatada  decisión, mantense oculta  a intención de eximir as súas propias responsabilidades como   directos causantes  da precaria situación que actualmente  padecen as  entidades locais. Resultando  por tanto un atrevemento, que a estas alturas,  despois de trinta  e tres anos de admisión continuada da  estrutura orgánica de funcionamento, as consecuencias   da ineptitude política  téntense paliar  a través  excentricidades  de rango territorial.

O xiro  ou cambio de modelo que se tenta impor  supón un retroceso nos logros alcanzados,  unha volta atrás na descentralización, e por iso, a súa  perda de condición como  administracións mais próximas ao cidadán, é un aspecto de todo punto inadmisible.  A   vitalidade  e funcionalidade efectiva das entidades locais  mais que  modificar as  variables do puzzle de composición, recomenda  unha planificación ordenada con aproveitamento  colectivo  de medios e sinerxías dispoñibles,  e sobre maneira,  elevar a  cualificación  da súa conformación política  como fórmula  de fortalecemento  da  súa potencialidade executiva. A non ser, que optemos por exemplarizar a planta de reciclaxe e o matadoiro, promovidos no seu día pola Mancomunidade de Municipios da Ría de Ferrol, pois ao parecer, o novo modelo  deseñado é o camiño que leva.


No hay comentarios:

Publicar un comentario