PUBLICADO 11/08/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario; Globedia
Coas súas reincidentes astucias, o Presidente Rajoy e o seu séquito, non fan mais que dar o cante e minguar a súa credibilidade, esencialmente cando xa todos sabemos que a certeza, ademais de non ser o seu forte, discorre por camiños opostos ao contido das súas mensaxes.
Contrariamente
ao criterio que algúns poidan
manter, a maior desgraza dun país non é
sufrir unha crise, iso é unha eventualidade
pasaxeira, facilmente remediable se contamos
coa participación cualificada das persoas apropiadas, é dicir, coa intervención dun equipo político renovado; executivos de
novo cuño adscritos á decencia, e dispostos a impor o mandato
das urnas sobre calquera
outra estratexia de dominio que tenten facer valer os grupos de presión.
Agora
ben, aquí o problema é outro, a traxedia
que padecemos toma tinguiduras
dramáticas, cando, quen ostentando o
mandato popular esquivan o principio de
soberanía que teñen outorgado, para despois de satisfacer as súas indecentes ambicións, a través dunha vendetta inaceptable, entregar
o poder executivo aos mercados, para que sexan estes en última instancia
quen impoñan ao seu antollo o devir
político do país e o futuro dos seus cidadáns.
Para
quen defende que en tempos de crises, rescatar ás persoas ten de ser a
prioridade absoluta. Por mais que se esforce, non é capaz de entender a
estes descerebrados e a súa estúpida
lema, cando afirman, que as dolorosas medidas do presente son sacrificios necesarios
para asegurarnos o futuro.
Polo
visto, os membros do PP non queren
decatarse que o 26,7% dos cidadáns deste
país viven no limiar da pobreza, e que durante o último ano as diferenzas de
renda incrementáronse nun 10%. Todo un referente da
perigosa deriva que a súa política está a ocasionar, cuxa única finalidade non é outra que favorecer
as vantaxes dunha minoría dominante
á conta de impor a deterioración colectiva aos dereitos da maioría social.
Coas
súas absurdas xustificacións, o
actual Executivo evidencia unha total
desconsideración cara ao groso da masa
electoral, a quen despois de enganar
nas urnas, agora infravaloran pondo en tea de xuízo a súa capacidade analítica, ao tentar
endosarlle un "tocomocho
político" onde adxudicado o papel
de vítimas, tentan consumar a
estafa confundindo aos afectados con mentiras en cuberto disfrazadas de
verdades.
Coas
súas reincidentes astucias o Presidente Rajoy e o seu séquito, non fan
mais que dar o cante e minguar a súa
credibilidade, esencialmente cando xa todos sabemos que a
certeza, ademais de non ser o seu forte, discorre por camiños opostos ao
contido das súas mensaxes. A verdade, é que resulta inexplicable que a par de
incrementar o IVE, apróbese unha amnistía fiscal a medida
dos fraudulentos. Como tamén o é, que mentres
ás Pemes, autónomos e particulares
se lles restrinxe o acceso ao crédito, ás entidades bancarias
responsables do impedimento, conténtaselles, obsequiándolles con decenas
de miles de millóns de euros de diñeiro público. É tamén evidente, a incongruencia de repercutir os 23.465 millóns de euros do rescate de Bankia,
a colectivos non culpables da crise a través da restrición de prestacións
sociais e a supresión ás empregadas e
empregados públicos da paga extra de nadal,
etc., etc.
A
pesar do castigo inmisericorde ao
que teñen sometido
á sociedade civil a través da diminución dos seus
dereitos, e do esforzo fiscal excedido do límite
da súa capacidade contributiva.
Contrariamente aos preconizados
efectos de repercusión positiva que
supostamente produciría a inxección de
diñeiro publico nos circuítos
financeiros, o certo é, que despois de acatar súas ordes, de asumir disciplina,
de marcar o paso na instrución imposta polos mercados,
paradoxalmente, son estes mesmos,
quen inscriben ao Executivo dentro do pelotón dos torpes, quen prodigan o pánico, delatando a incapacidade do goberno conservador para sacar adiante o país
polos seus propios medios. Así resulta como os
axentes externos que estipularan
as directrices da política económica do país, agora deciden abandonalo á súa sorte.
Ao
parecer, actualmente tirios e troianos conflúen ao asumir
que a doutrina económica aplicada desde Moncloa a través do seu Plan de Austeridade, por si
soa non representa solución algunha ao problema, por canto, a
repercusión derivada, non fará senón un efecto contrario, asfixiando todo
síntoma de recuperación.
De
xeito evidente, é necesario un cambio de rumbo na política económica que
agregue ao fomento da contención do gasto, elementos de estímulo ao crecemento,
pois é de todo punto evidente, que un
país como o noso, onde a caída de
emprego e a destrución empresarial son
constantes de receso permanente, a exclusividade das políticas de recortes,
dificultará que a economía free o seu esborralle, impedindo con iso, que o
Estado poida facer fronte aos actuais contraídos.
O
desafío non é doado, e para maior complexidade, como queda visto, non están á
fronte as persoas indicadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario