PUBLICADO 12/05/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario; Globedia
Europa, pola súa desacertada regulación monetaria, a súa disparidade xenuína e unha desastrosa gobernanza, da noite para a mañá, converteu a casa común dunha comunidade económica, nunha timba de pouca sonada onde se prodiga a xogada ao EuroPocker.
En países con realidades económicas heteroxéneas é impropio manter unha unidade monetaria, se esta, non vén acompañada da fusión política e a uniformidade compensada da súa estrutura produtiva.
Lamentablemente, todo o contrario do que ocorre na UE, sendo aí onde radica a orixe e a causa desta crise sistémica que padecemos, pois a atípica alianza de veciñanza, é un artificialismo que tan só favorece a potencialidade dos países mais podentes, xerando a inestabilidade e o receso nos membros societarios peor situados, ao acentuar a súa carestía e convertelos en fácil presa da voracidade dos mercados especulativos, quen son dados a cazar elixindo as presas mais débiles en safaris onde as manadas andan dispersas.
Posiblemente, por esa complexidade intrínseca que acompaña o desenvolvemento da actividade financeira, os cidadáns do montón, non alcanzan percibir a disfuncionalidade real do noso sistema monetario, e por riba, tampouco, esa maioría social é capaz de entender por que unha crise económica de impacto global, na eurozona, tomou formato de sucesión para converterse nunha estacionada crise do euro.
Se tomásemos coñecemento de causa sobre esta crise extensiva, facilmente saberiamos descifrar o porque dos seus demoledores efectos. Para entendernos, Europa, pola súa desacertada regulación monetaria, a súa disparidade xenuína e unha desastrosa gobernanza, da noite para a mañá, converteu a casa común dunha comunidade económica, nunha timba de pouca sonada onde se prodiga a xogada ao EuroPocker, alentada por uns tahúres que impoñen os negocios especulativos como oficialidade protagonista, en detrimento do incuestionable afianzamento produtivo que debese ser a directiva de referencia.
A estrutura orgánica e de funcionamento do Banco Central Europeo (BCE) resulta aleccionadora, pero non como referente edificante, senón como exemplo negativo, que aínda así, é educativo en sentido expresivo do que se debese corrixir, que resulta ser case todo.
De orixe habemos de ter presente , que esta macro entidade financeira con sede en Frankfurt, tivo a súa orixe na propia formulación da moeda única, e a súa capitalización realizouse integramente con diñeiro público, achegado polos países membros, en razón a participacións nominais desembolsadas por cada un dos estados en atención á potencialidade do PIB respectivo.
No entanto, para tomar razón debida da súa composición, cabe constatar, que os países adheridos ao euro achegaron un cómputo do 70% do capital social, mentres que o 30% restante, foi afrontado no seu conxunto polo resto das nacións membro. En todo caso, o que debe que dar meridianamente claro, é, que a razón e o espírito da súa instauración non atendía a razón distinta que manter a solidez da moeda única.
De calquera modo as contradicións non se fixeron esperar, e a pesar do carácter totalmente público dos 10,6 mil millóns de capitalización do banco central dos Estados da zona euro, e aínda cando, o seu obxectivo era manter a cohesión e a estabilidade económica da Unión, parecendo incrible, a realidade da súa política tomou unha deriva inaudita, ao favorecer escandalosamente á banca privada europea, por canto, impulsouse ao seu favor a barra libre do crédito brando a un interese do 1%, para que, eles , prestáseno despois do 5 ao 7% aos gobernos dos países, que paradoxalmente resultaban ser os donos do diñeiro.
De xeito evidente, isto é intolerable, pois tras esta regalía, tras ese malgaste de diñeiro público en vantaxe exclusiva da banca privada, retoma actualidade aquela reforma express da Constitución na que se impuxo priorizar o pago da débeda por encima de gastos sociais, e as consecuencias de acompañamento tradúcense nas excedidas medidas de austeridade e desproporcionados recortes, cuxa aplicación non tería razón de ser nin fundamento debido se o Banco Central Europeo tomase sentido de xestión e racionalidade dos seus actos.
Chegado a este dilema, se non se reconduce a situación de forma debida, propiciando á vez o equilibrio entre as políticas de crecemento, e a disciplina fiscal, é incuestionable, que a permanencia no Euro resultará ser un todo inútil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario