PUBLICADO 04/02/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario
Resulta anacrónico que a pesar da
realidade cambiante que produciu a crise inmobiliaria nos plans urbanísticos municipais, as
administracións afectadas manteñan
inalterable as políticas e directivas
de ordenación territorial. Do mesmo xeito, é incongruente que a pesar da desvalorización de potencialidades, no financiamento das facendas locais elévense os
tipos impositivos aplicados sobre uns valores catastrais atípicos.
Nesta crise severa de forza extrema e demoledor impacto, hai un compoñente determinante na súa
orixe, un factor causante
do conflito, que directamente
apunta a espazos territoriais concretos, aqueles, que
favorecidos por modelos urbanísticos excedidos, potenciaron o desenvolvemento urbanístico, inmobiliario e financeiro, máis aló do
contorno da racionalidade, e esa
circunstancia, fixo que a nova
dinámica de xestión urbanística,
alterase os esquemas e
obxectivos convencionais
propiciando o fracaso das
políticas territoriais de
aplicación, que en se mesmas, puxeron ao
descuberto o exceso do planificado
e a inexistencia de capacidade de
reacción na articulación de
alternativas de regulación correctora.
A
pesar desta complexidade, mentres discorre o tempo e o labirinto amplía
encrucilladas, seguimos sen executar unha revisión dos obsoletos modelos urbanísticos
vixentes, e co agravamento da
crise, no canto de asumir as súas deficiencias estruturais, optamos por aplicar prorroga á figura do
urbanismo colmado das épocas de expansión, cando a actual
conxuntura orienta cambios de moderación
do crecemento, ou apertura á vía do decrecemento.
Por
máis que se prescinda da evidencia,
resulta patente que os experimentos desarrollistas
tocaron ao seu fin, o urbanismo de
século XXI ten de supor unha ruptura coa versión de planificación que deu orixe
á explosión da burbulla inmobiliaria, tanto nos seus aspectos técnicos,
xurídicos como financeiros. En calquera caso, a situación demanda unha óptica renovada con enfoque
meditado de accións sobre o territorio dirixidas a consumar unha transformación xeral do actual
urbanismo, pois suposto contrario, a
influencia dos planeamentos na
reactivación económica será estéril.
.
O
cambio de rumbo sobre a ordenación do territorio tense de fundamentar no, principio esencial dun novo modelo urbanístico baseado na
sustentabilidade económica e social,
que poña punto final ao desenvolvemento descontinuo de baixa densidade
edificatoria a través da posta en práctica de pautas de concepción
nuclear e desenvolvemento compacto, que cubrindo as necesidades da
poboación, induza un aforro de custos na
súa xestión, concertando a ordenación coa economía.
Agora
ben, a culminación desa finalidade precisa en primeiro termo da erradicación das
"taifas urbanísticas", e a mudanza
por un novo marco regulamentario, unha lei de harmonización das lexislacións
autonómicas que recoñecendo a
distinción e singularidade territorial
das distintas comunidades, estableza uniformidade na determinación
dos elementos comúns que
conforman a materia urbanística,
referidos ás cualificacións do solo, os procedementos de xestión, etc, etc..
No
entanto previo a iso, os concellos e comunidades, por sensatez e asunción da
nova realidade, debesen paralizar os procedementos iniciados en materia de modificación,
revisión ou redacción dos plans xenuínos, por canto, a inestabilidade
cambiante das variables
que alimentan a elaboración dos plans en proceso, son referentes conxunturais que achegan insuficiencia de
rigor, subtraendo toda fiabilidade á
previsión de contidos, o que transforma os investimentos destinados a
este fin, nun malgaste económico por inutilidade de resultados.
Unha
acertada adecuación á racionalidade pasa por deixar en suspenso os stándares
urbanísticos da época de opulencia, debendo imporse un reaxuste en clave de moderación,
consistente en achicar as delimitacións
de solos urbanos e a míngua substancial
das bolsas de solos urbanizables, é
dicir , débese acoutar o teito
potencial do planeamento, clasificando
tan só como solo de transformación o chamado a
cubrir as necesidades previsibles.
Pero
o encontro coa coherencia ten efectos
colaterais, por canto, a materia urbanística
ademais de asignar vocacións de uso ao territorio e guiar as pautas de desenvolvemento
de novos crecementos en concerto de consolidación cos existentes, manéxase tamén como patrón de financiamento parcial das facendas locais
(IBI, licenzas de construción, etc).
Circunstancia,
que vincula os cambios do escenario
urbanístico , coa reforma do sistema de financiamento dos concellos, que de
xeito evidente, non debese virar en exclusiva ao redor dos actuais parámetros
de aplicación, por canto, refinar o espazo urbano á realidade do necesario, obriga
a modificar as ponencias catastrais,
cuxos valores, a tempo presente superan os prezos de mercado, como consecuencia da nociva repercusión que a crise
inmobiliaria provocou entre a oferta e a demanda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario