17 feb 2012

ANACRONISMO REFORMISTA

PUBLICADO 18/02/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario 



Manter invariable a inadecuada estrutura do noso sistema produtivo, é  o maior freo á dinamización  do mercado laboral, e de non emprender con celeridade a necesaria diversificación sectorial, o desemprego dispararase até índices desmesurados, por canto,   a aplicación  das  medidas   contidas na recente  reformar laboral non fornecerán ningún efecto positivo.



Cando un analiza a reacción política ante a crise, ao pronto conclúe que os chamados a pór remedio ao seu negativo influxo non tomaron auténtica magnitude do seu alcance,  e por tanto as solucións achegadas, mais que eficaces son unha sucesión  de contrasensos que delatan a súa  manifesta incapacidade para a articulación e aplicación das   accións paliativas que a situación require.



Contrariamente ao actuado, non debese ser a reforma laboral a estrela protagonista neste escenario de turbulencias, por canto, estrictu sensu, o verdadeiro  problema   non atende ao  mercado de traballo, senón, á interrupción en cadea   da actividade empresarial, como consecuencia sobre todo da restrición dos créditos por parte das entidades financeiras, resultando elocuente   que desde o  2008, a nivel de estado, a destrución do tecido produtivo alcanzou as 170500 empresas que desapareceron dos rexistros da Seguridade Social, principalmente pemes. É dicir, que nos últimos catro anos o índice de mortandade empresarial foi  equivalente ao crecemento da  década precedente, e supuxo, a perda  de máis  de 2,2 millóns de empregos.



A potencialidade  do actual modelo produtivo a efectos de rescatar ou crear emprego está esgotado,  por iso, calquera  alusión á  reforma laboral como dinamizador de emprego  é unha rotunda  incoherencia,  por canto, non  foi a lexislación en materia  o factor causante do descomunal índice de desemprego que soportamos, senón a disfuncionalidade que   acentuou o desequilibrio dos principais  sectores  que conformaban o tecido produtivo, cuxa inercia  foi o  detonante da crise que  colapsou o mercado laboral.



Equivocan o diagnóstico quen toman por referente de emprego a reconquista do pasado recente,  e iso fai que  o contido da  reforma laboral, por si soa,  resulta ser unha terapia inútil. As medidas  para mitigar  o desemprego  non poden basearse no rescate do anterior soporte produtivo , e  a súa eficacia debe contar coas garantías de erradicación  permanente da  desmesurada  volatibilidad da taxa de desemprego  e o  impedimento para que futuras recesións provoquen unha nova destrución en cadea de postos de traballo, sendo por tanto obrigado dirixir os obxectivos  á creación de emprego produtivo, estable e de calidade.


Reflexionando sobre o devandito, cabe referir que   para adelgazar o  desemprego até   a media da Unión Europea, a solución non é outra,  que afrontar dunha vez por todas  o "cambio da estrutura  produtiva", cuxo implícito, pasa obrigatoriamente  polo  reaxuste  dos  distintos segmentos do modelo produtivo e pola intervención reguladora dos recursos dos mercados;  pois os feitos puxeron de manifesto a súa desfeita cando funcionan   sen control fiscalizador,  e para contraste  revelador basta remitirse  ao ocorrido co sector da construción.

Os artífices da reforma,  sosteñen que a liberalización das relacións laborais creará un ascenso do emprego, declaración que non deixa de ser unha ocorrencia dos afíns á  ortodoxia  neoliberal, pero neste caso  exenta do mínimo  rigor, pois a aplicación de medidas estruturais desta envergadura, previamente, demandan  un recoñecemento exhaustivo  do tipo de crise á que nos encaramos, ao fin de dar respostas adaptadas ás súas características, e a tenor do contido  do decreto regulador, os autores do mesmo,  despistan algo tan fundamental como coñecer desde que parte da economía veñen os problemas, pois se realizasen este exercicio, caerían na conta que o noso desemprego ten máis que ver coa estrutura produtiva que coa regulación do mercado de traballo.

Esta vez, o executivo do estado  apostou por substituír     o necesario   cambio do modelo produtivo, pola escenificación dunha reforma  laboral  tan nova como inservible, e con iso, deu un paso atrás na solución do principal problema do país, co agravante de aprazar no tempo o inicio  dunha  transformación de todo punto  ineludible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario