4 sept 2010

LEIRE PAJIN, AS DAMAS DE BRANCO E A AQUIESCENCIA FEMINISTA


Cando aínda mantén actualidade a súa premonición sobre o acontecemento histórico planetario, “la bien pagá”, volve polos seus foros e fainos coñecedores do seu novo vaticinio, proclamado esta vez, “a vontade moi clara do Goberno cubano de avanzar no proceso de transformacións e de reformas económicas e sociais”; á vista de tamaño desvarío, é evidente que ao defunto Valle - Inclán, escapóuselle unha personaxe das novelas da súa etapa esperpéntica, e agora, aínda por riba toma razón de vida na xefatura política e por non perder súas orixes de espantallo, prosegue seu frenesí dedicándose a profetizar perversidades e despropósitos.


Lembro aquel disparate seu, cando afirmou que o PIB era claramente masculino, e que o cambio daríase cando as decisións importantes fosen tomadas polas mulleres; pois mira ti por onde vostede como muller e feminista, baixo o tórrido sol caribeño na súa estancia na Cuba dos irmáns Castro, xa tomou esa decisión importante, que non foi outra, que negarlle audiencia a outras MULLERES cuxo valor, integridade e heroicidade non ten parangón, por canto trátase das Damas de Branco, un colectivo de intachable conduta, que reclaman que a ditadura cubana poña en liberdade aos seus pais, homes, irmáns, fillos e fillas , encarcerados por manter disidencia co réxime autocrático da illa, e tal circunstancia faias merecedores de total consideración e do maior dos respetos.

Desde calquera punto de vistas é intolerable que a segunda de a bordo do partido do goberno español, visite a illa acatando anticipadamente sometemento aos ditados do partido comunista cubano e para mais contradición, xa na Habana, exerza de portavoz do goberno insular e proclame ao catro ventos as bondades do sistema, manifestando realidades inexistentes. Agora que está en boga a recorrente frase da “táctica da estratexia” como método argumental para razoar o inxustificable, é posible que esta señora aduza que o fin xustifica os medios, e que todo sexa pola excarceración dos presos políticos
Chegado a este punto, hei de manifestar que en Cuba as celas teñen actividade permanente e mentres liberan a uns presos políticos, outros.entran á trena.

É indecente o xogo de dobre moral que se trae entre mans, quen desde o aparello do partido socialista, promociona a recuperación da memoria histórica polos excesos cometidos en corenta anos de ditadura franquista e en coincidencia desprázase á Habana para darlle respaldo a cincuenta anos de ditadura castrista, isto ademais de incongruente é patético, e se a artífice deste desvaneo proclamase abertamente feminista resulta moito mais escandaloso, por canto esa ditadura, amais de merecer a censura pola súa propia vixencia dado o agravante machista da súa estrutura xerárquica, merece un repudio exponencial pola constante vulneración dos dereitos das mulleres; pero polo visto, esa é unha realidade que a alta executiva do PSOE prefire obviar.

Eses xestos de conivencia de Leire Pajín coa ditadura cubana, delatan e poñen ao descuberto a verdadeira catadura moral dunha persoa baleira de ideoloxía, que esconde tras unhas prestacións económicas desorbitadas, un feminismo panfletario e inconsistente con tinguiduras de narcisismo enfermizo; que delata que a súa incidencia xenética por tendencia desertora míngualle facultades para establecer a consecuencia estable que o seu cargo precisaría.

Con esta odisea caribeña a señora Pajin, amais de devaluarse a si mesma, dentro do marco europeo ten deixado en evidencia á súa propia organización política, pero na súa fazaña hai outro aspecto que non debese pasar desapercibido; pois resulta que tras os despropósitos cometidos, semmella que a totalidade do movemento feminista español en razón ao seu silencio, outorga aprobación os seus desvaríos.

Sorprendentemente hai movemento sociais e corrente reivindicativas que aínda sendo feministas, cando certos privilegios poidan porse en perigo a calada é a resposta e a inconsecuecia faise compañeira intima do antagónico, daquela con consentemento xa tedes a integridade do feminismo nas mans do poderoso cabaleiro.

Pero quen mantén inalterable a esencia dos valores democráticos, ha manifestarse como un disidente mais e apoiar activamente o encomiable papel das Damas de Branco, e eso ha ser así ate que os amigos de Pajin lle outorguen ao pobo cubano a liberdade que lles pertence.

No hay comentarios:

Publicar un comentario