6 oct 2020

A República inverosímil

A confluencia dos  partidos  dinásticos en apoio  da Monarquía ameaza con transformar en anécdota a anunciada iniciativa de Unidas Podemos de instaurar a República, á vista  do esgotamento social do ciclo de rebeldía do 15 M e a  irrelevancia da súa condición de socio menor do Goberno de Coalición.  


Antes do  referendo constitucional  de 1978 que referendou o actual modelo de estado houbo  decisións políticas que foron   fundamentais para a lexitimación popular da Monarquía

Concretamente a comparecencia que o 16 de abril de 1977 fixo Santiago Carrillo e a  plana maior do seu partido, diante os medios  de comunicación  para anunciar que desde as filas comunistas aceptábase  o novo ordenamento político do país, tanto no relativo á bandeira vermella e  gualda como demais símbolos  do Estado,  e na que engadía ademais que o PCE recoñecía  ao Rey como tal, dándose o paradoxo  que ese pronunciamento  dábase  un par de anos despois de incluír a  imaxe do monarca   na portada do clandestino Mundo Obreiro correa de transmisión do partido, onde lle adxudicaba o papel de marioneta    de Franco.

Desde entón, en todas as proclamas e manifestos desde  o PCE non aparece   mención algunha ao restablecemento  da República como esixencia  para a recuperación da democracia, denotando con iso  que   pesaba máis  o medo á súa exclusión do novo escenario político  que a súa fortaleza ideolóxica

Pero  a  despreocupación comunista  pola República é moito anterior ao hipotético cambio de réxime, pois  desde 1956 no exilio non consta referencia algunha que sitúe á   mesma como  parte do seu obxectivo inmediato, máis ben co paso do tempo percíbese unha renuncia tácita  que  chega ao extremo de facela invisible  coa postulación  daquel    “cambio  político”.

Resultando por tanto probado que en contrapartida á súa legalización como partido  non dubidaron en facer  renuncia expresa daquela República que xa tiñan aparcada,    como así indica o seu  total acordo co parágrafo terceiro do artigo primeiro da nova Constitución, que establece a Monarquía parlamentaria como forma política do Estado; sendo especialmente enérxica a defensa  sobre a coroa feita  por Jordi    Solé-Tura, que como relator constitucional dos comunistas, non dubidou en defender   que a liña divisoria principal estaba entre a democracia e os seus inimigos,  para engadir a continuación  que   "querer a República, hoxe, con todas as súas consecuencias, significa loitar por derrocar a Monarquía".

Pero se por aquel entón a Monarquía  Juancarlista atopou un defensor insospeitado no emblemático dirixente  do  PCE, catro décadas despois as camadas de substitución formadas na Unión das Mocidades Comunistas, defenden unha pulsión republicana que parece estar a gañar peso entre a sociedade maiormente oposta  á continuidade  dun réxime  cada vez máis  deteriorado e discutido.

Un  desapego popular que se mantivo inclusive tras a abdicación en favor de Felipe VI en xuño de 2014, e fixo que o CIS, centro de estudos sociolóxicos, ante o negativo resultado das  enquisas decidise en abril de 2015 suspender   as preguntas    sobre a monarquía , última vez que a cidadanía foi consultada, o que non fai máis que arroxar dúbidas sobre unha percepción que se intúe negativa, agravada coa  espantada protagonizada polo  rei emérito tras o episodio da súa presunta  corrupción actualmente en mans  da fiscalía.

A Monarquía   gañou  o seu descrédito por mérito propio, e é por iso que serán inútiles todos os esforzos  por soster os alicerces da institución como  garante da actual forma de goberno, ou levantar unha devasa para salvala.

Que á vista  de tan degradante conxuntura a esquerda  promova a instauración da república é un exercicio de honestidade política que de ningún xeito debe  crear alarmismo  e moito menos alentar censura entre os seus detractores, pois o peor que lle pode ocorrer ao país  é seguir sumido  na  inestabilidade inducida  pola  pecaminosa deriva da realeza,  tendo en conta que  as institucións políticas teñen sentido de continuidade  se son útiles para a cidadanía  e tal principio de utilidade  para nada garántese a tempo presente.

Non sendo de recibo por tanto asociar  a percepción da  «República» co desconcerto  e o caos, en interesada  rivalidade co outorgamento  de  exemplaridade  e virtuosismo  dedicado  á «monarquía parlamentaria », pois tal proceder é unha arbitrariedade  utilizada coa intención de sustentar    tendencias  preestablecidas, aínda  cando  a realidade dos feitos pinta xusto ao revés, por canto as veciñas  repúblicas da nosa contorna próxima, como Portugal, Italia, Francia ou Alemaña nada teñen  que envexar en estabilidade aos réximes monárquicos dos países do norte. 

Sendo  contrastable  que os presidentes da república achegan  maior  consistencia e solidez  ao desempeño da actividade política, aspecto  que sumado ao cúmulo de despropósitos que acompañan o turbio proceder da  casa real reforza  a ruptura cunha Monarquía  que pola súa perniciosa deriva  non pode ofrecer máis que pobreza, inxustiza e corrupción.

Agora ben tampouco é sustentable   que esa esquerda que se fai chamar antimonárquica  tente alcanzar a súa meta patrocinando  a Constitución do 78 como pedra angular do seu obxectivo,  cando é farto sabido  que  o seu contido é quen referenda a condición xerárquica da coroa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario