14 sept 2018

A resposta do silencio


 PUBLICADO EN :  Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia

Tras a inactividade con que tantas veces conclúen os procedementos iniciados a instancia dos cidadáns, está o nepotismo institucional dos cargos de confianza e a descapitalización que tal práctica produce no facer funcionarial, sendo a reversión da situación a única fórmula de solución


Velar que a relación entre cidadáns e administración fose o máis xusta, ecuánime e proporcional posible foi un dos obxectivos perseguidos pola lexislación, polo menos iso apuntaba o contido da Lei 30/1992 ( LRXPAC) reguladora de tal vínculo, pero o certo foi que aquel texto legal e posteriores reformas, na súa aplicación, lonxe de fornecer o efecto previsto prorrogou os malos hábitos do pasado facendo que os establecidos conceptos de axilidade , eficiencia e proximidade ao cidadán quedasen nun todo testemuñal.

Tal é así, que modificacións substanciais como a referida ao silencio administrativo, aínda cando o texto legal establece que o cidadán debe obter unha resposta, tanto positiva como negativa daquilo que requirise á Administración, .o cada vez mais usual é que tal obrigación non se cumpra e que co seu mutismo os entes públicos con mais frecuencia que a que debesen, co seu deixamento causen situacións de indefensión aos administrados.

Ese escamoteo en garantir aos particulares a defensa dos seus dereitos condúcelles á complexidade xurídica , producíndose na maioría dos casos pola falta de medios técnicos e humanos da Administración; unha carencia que ademais de retardar os prazos de resposta conculca a obrigación administrativa de cumprir coas normas dimanantes do mandato constitucional do artigo 103 da Constitución que sinala que a actuación da Administración debe servir aos intereses dos cidadáns, non debendo repercutir por tanto as deficiencias da actuación administrativa sobre os mesmos e moito menos lesionar os seus lexítimos dereitos.

Queda visto pois que a pesar das 'boas intencións' da Lei, a realidade cotiá demostra, que contrariamente ao procedente, cada día son mais os cidadáns que na súa relación coa Administración reciben a “calada por resposta”, sen que nin as autoridades como tampouco o funcionariado e demais persoal ao seu servizo relacionados cos asuntos expostos polos administrados, a pesar da súa condición de directos responsables da tramitación dos expedientes, asuman a súa obrigación de tomar as medidas oportunas para sortear todo obstáculo que paralice, entorpeza ou atrase o exercicio pleno dos dereitos do cidadán.

Neglixente actitude de quen actúa á lixeira  parecendo facer caso omiso da existencia de doutrina e xurisprudencia que reviste a inactividade da Administración de ilegalidade susceptible de xerar danos e prexuízos ao administrado; extremo que de ser probado posibilitaría a apertura á vía do resarcimento, pois cando o silencio administrativo é utilizado como coartada para resolver os expedientes molestos, os causantes da demora na adopción da resolución serán responsables directos, e por iso, poderán verse envoltos nun proceso de demanda por danos e prexuízos que co seu desinteresado proceder puidesen producir.

Pero para ser concretos, mais alá de deambular pola ambigüidade dos carreiros da Administración debemos precisar que os directos responsables de que as institucións sexan incapaces de dar resposta adecuada aos problemas expostos pola cidadanía son os representantes políticos, pois nun réxime democrático debe estar claro que a Administración está subordinada á política, e que por tanto compete ao Executivo resultante dirixir a acción administrativa e abortar toda tentación corporativistas de grupos privilexiados de funcionarios inmunes ao mandato político.

Agora ben, o que aquí está a ocorrer é xusto a función oposta, pois é o poder político quen desde a atribución que lle confire a función de Goberno o que con adscritos á súa corda aprópiase da Administración con fins marcadamente partidistas, asumindo irregularmente o desempeño da función administrativa que en recto proceder correspondería desenvolver ao staff funcionarial, acorde a criterios técnicos e garantías de integridade, sen acepción de persoas ou afinidade política. Anómala operativa que ademais de xerar perniciosas desviacións na dinámica do sistema democrático afianza a partitocracia como “modus operandi” con descapitalización inducida de fins e obxectivos.


É por iso, que cando os cargos de designación política, é dicir, aqueles que ingresan na Administración á marxe de probas obxectivas nin avaliación do mérito e de capacidade dos candidatos, pola súa sintonía co Executivo de quenda son quen marca o ritmo da función pública, pola propia irregularidade que representa o seu nomeamento, considerando os seus lazos de subordinación, dificilmente poderán aplicar as leis con criterios profesionais e obxectividade, nin tampouco, con garantías suficientes de respecto e imparcialidade administrativa, e tal circunstancia, é a que motiva a proliferación da disfunción entre a administración e o cidadán, ou o que é o mesmo, o feito que produce a excedida propagación do silencio administrativo que marca de punta a cabo o deficiente funcionamento da totalidade das institucións públicas e a indefensión dos administrados.

En resumo, a complexidade da situación é que o acceso do persoal de confianza política á Administración prodúcese anómalamente utilizando a outra "porta xiratoria", esa que por razóns obvias ninguén cuestiona desde a política e que seguirá alimentando o conflito ata non lograr que vire ao revés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario