PUBLICADO EN : Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Fene que chegou ser referente mundial do sector naval ,
paradigma global de dinamismo industrial e do ascenso social sustentable, pasou
do apoxeo ao declive, sen que tras catro décadas os artífices políticos do desastre
fixesen o mínimo xesto en favor da súa reactivación efectiva.
Que o emprego, a poboación e a economía están
intimamente ligados. é unha realidade que no concello de Fene coñecemos
perfectamente desde moito tempo atrás, e iso como consecuencia dos dramáticos
avatares sufridos polo municipio a principios da década dos 80 que derivaron na
destrución do que foi ata entón o seu cardinal sector produtivo, e á vez
arranque da súa evolución anterior.
Compre
referir que desde a década dos anos 60 do século pasado favorecido polo
auxe do seu emerxente sector naval, o Concello, experimentou unha evolución
demográfica alcista cuxa tendencia se mantivo durante un período de case vinte
anos, e cuxa culminación, ten de fixarse
no ano 1986 por ser este o momento que duplicando case os habitantes de
principios do período, a poboación municipal aproximouse aos 16000 habitantes.
Un
referente de esplendor sen parangón, que paradoxalmente, pasado o tempo
transformouse en punto de inflexión e inicio do seu decaemento, como
consecuencia da imposta reconversión da súa esencial actividade produtiva, que
motivou desde o primeiro instante que o concello perdese un 14% do seu censo de
poboación ata situarse nos seus actuais 13.110 habitantes, unha contía en clave
descendente, e de partida, sen perspectivas de recuperación.
O desmantelamento do estaleiro Astano e os
efectos colaterais inducidos, fixo que
aspectos como a mobilidade xeográfica dos seus excedentes e a masiva perda de
emprego desatase unha persistente tendencia á baixa demográfica ata o extremo
de levar o seu censo municipal a unha poboación inferior á existente corenta
anos atrás.
Para maior complexidade, as previsións que
barallan os máis reputados demógrafos máis que indicar un cambio de traxectoria
en positivo son para botarse a tremer, tendo en conta que as mesmas veñen
revelar que o peor aínda está por chegar; e a pesar de tan desalentadoras
expectativas, o certo é que ante tal conxuntura ninguén fai nada por poñer
remedio ao problema.
Tal é o deixamento, que nin se elaboran
diagnósticos, nin se revisa o planeamento
xenuíno, e por tanto tampouco se aplican terapias para cambiar o rumbo
da situación.
Aspectos indicativos do desinterese
xeneralizado sobre o particular, e moi especialmente, da total despreocupación
por establecer de forma responsable un gran pacto político e social dirixido a
combater tan prexudicial fenómeno, e impedir con iso que a demora na toma de
solucións converta a cuestión en irreversible.
Se así
non fóra, a diminución demográfica que está a causar no devir municipal a
interminable crise industrial, de ningún xeito tería maiores efectos nin tan
impactante significación estatística de mediar un mínimo de predisposición
política para a súa resolución, pois Fene é máis que ningún outro, o concello
do ámbito territorial galego que reúne as mellores condicións para a súa
reactivación, polo menos iso indica o feito de ter un 5,5% da súa superficie
total clasificada como solo industrial consolidado, con vantaxosa localización
estratéxica como achega dinamizadora e optima condición para cumprir a función
de enclave industrial de referencia.
Oferta de solo que facilita a instalación ou
diversificación de novas actividades económicas, e con iso a reactivación
municipal; pero se aínda así se mantén idéntica tónica, entón debe resultar
obvio que non é a planificación territorial o que falla, senón que o mal do
noso estancamento hai que buscalo exclusivamente na apatía institucional
causada polo comportamento dunha clase política de minguada capacidade
executiva e sen a mínima predisposición por reconquistar e vitalizar o tecido
produtivo, a pesar dos pernicioso efectos que a súa indolencia induce no futuro
do concello e das súas xentes.
Agora ben, en tanto se manteña infrautilizada
e cativa a ampla bolsa de solo industrial ocioso de titularidade pública e as
decisións políticas sigan a depender dos
mesmos de sempre, resultará imposible que Fene poida tirar rendibilidade das
súas potencialidades endóxenas, por ser tales límites os obstáculos que impiden
consumar unha reindustrialización acorde á demanda.
Xa que logo, de persistir nesta tónica folga
dicir que será materialmente imposible xerar emprego, e sen alcanzar este obxectivo por mais
expectativas vantaxosas que se difundan, resultará totalmente inviable calquera
intento de recuperación a nivel demográfico;
impedindo con iso toda probabilidade para que quen vive en Fene teñan
garantía de futuro e poidan botar raíces na súa localidade.
Mal imos por iso, se ao xa referido engadimos
a revolta desencadeada recentemente polos gregarios locais do PP e o PSOE, quen
despois de ter actuado como cómplices do
proceso, agora de novo en comandita, tentan o asalto á Alcaldía vía Moción de
Censura, coa única finalidade de facerse co poder municipal para desde alí
neutralizar toda reivindicación orientada á reactivación industrial do Concello
Por iso, a expurga destes políticos municipais
debe ser entendida como unha esixencia terminante…!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario