PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Só repercutindo aos directos responsables o custo real dos seus excesos, as crises que eles xeran e que o pobo paga, non só extinguirán en continuidade senón que erradicarán a súa existencia.
O problema non se resolve con proclamas de xenerosidade nin con profusións de benevolencia, pois para a verdadeira solución do conflito é imprescindible suprimir as súas causas, coñecer de certo o por que e de quen foxen os miles de refuxiados que deambulan polo vello continente.
Incógnitas que unha vez despexadas mudarían a imaxe desa Europa idílica e solidaria que se nos vende, por outra versión totalmente adversa, tendo en conta que a masiva migración destas xentes , non é nin mais nin menos , que o efecto bumerán do que Occidente dedicouse a sementar nos seus países de orixe, e iso, pola súa implicación na industria da guerra, na venda e subministración de armamento que para que sexa negocio debe ser utilizado, sendo esa que non outra, a causa pola que a uns inocentes en defensa da súa subsistencia non lles quede mais recurso que poñer pés cara á diáspora.

Por iso que a crise migratoria en Europa, por esperada, non debese resultar de ningún xeito sorpresiva, como tampouco a incapacidade política en poñer remedio á complexidade da situación , máxime , despois do protagonismo e poder executivo outorgado á industria armamentística, que co pretexto de defender ao pobo sirio e promover a democracia no país, a propio intento, optaron por solucionar a guerra con mais guerra, aínda é cando, o que encubrían tras a continuidade da confrontación bélica, non era lograr a estabilidade que dicían pretender, senón, potenciar o beneficio dun impresionante complexo militar-industrial que necesita das guerras para o seu desenvolvemento e continuidade, e iso, sen preocuparlles o mais mínimo a repercusión dos seus efectos, aínda e cando as consecuencias da violencia armada inducida sexan a razón que obrigan aos afectados a pedir refuxio alén das súas fronteiras.
Se ademais da procedencia europea das armas utilizadas na contenda Siria, as empresas subministradoras das mesmas teñen idéntico ámbito de radicación e fixeron o seu turbio negocio contando co beneplácito político da Unión Europea, é evidente que como responsables directos da situación, calquera aparente apelación á solidariedade que manifesten fronte á crise migratoria, tal actitude, debe ser entendida como un referente de hipocrisía, por ser a denominación mais liviá que debe adxudicárselle a quen despois de intervir na rexión xerando o exterminio sistémico, agora, en alarde de contrición, clamen ao ceo pola traxedia deste éxodo, tentando tapar a realidade, para que ninguén relacione a actual hecatombe co cruento resultado dos seus propios excesos.
Por iso, é polo que mentres os causantes de que centos de miles de familias abandonen co posto as súas terras e arrisquen as súas vidas, néganse a asumir toda responsabilidade no desastre, e a Europa dos aramados e as concertinas como cómplice político, con idéntico comportamento, opta por mirar cara a outro lado non querendo facer fronte a esta crise humanitaria con debates estériles sobre a repartición de inmigrantes.
Mentres isto ocorre, os directos afectados na súa desesperación ven como os axitadores das súas desgrazas, os mesmos que co seu intervencionismo mercantil precipitaron a inestabilidade na súa zona de orixe forzando o seu desprazamento, agora cando na súa diáspora chegan á porta do Vello Continente, non só négaselles o acollemento, senón que son recibidos con medidas de malos tratos e represión ata límites extremos, sendo moi poucas as voces que se alcen contra esta canallada.

Europa ten de colleitar o que sementou no medio Oriente, e en consonancia por patrón de humanidade, facerse cargo en primeira instancia e subsidiariamente desta crise migratoria, para posteriormente, repercutir integramente os seus custos nos auténticos responsables da mesma, que non son outros que os fabricantes e proveedores de armas que coa venda e subministración de efectivos á zona non só estableceron un negocio ilícito á conta da vida dos civís, senón que por extensión foron os artífices deste conflito migratorio con tinguiduras de holocausto.
Sendo por elo que para abordar o problema con rigor non só temos de facernos cargo dos xentíos que chegan, senón tamén suprimir o obsceno negocio dos depravados patróns das guerras.
Sendo por elo que para abordar o problema con rigor non só temos de facernos cargo dos xentíos que chegan, senón tamén suprimir o obsceno negocio dos depravados patróns das guerras.
Este conflito migratorio ademais dunha oportunidade para a reflexión, debese ser a ocasión para mudar as exasperadas políticas da UE, e variar para o efecto a estendida dinámica de repercutir na cidadanía os efectos de quen toma por norma facer das crises o seu gran negocio e do erario público a súa fonte de ingresos, eludindo en xustificación que o problema é de todos, cando o certo é que o pobo europeo como directo afectado, non é parte activa das súas decisións, e por tanto, como resulta no presente caso, alleo totalmente á xeración do conflito e distante por tanto das responsabilidades derivadas.
Aínda que para a consumación efectiva de tal esixencia, é requisito indispensable promover a eliminación electoral de quen suplantando a vontade das urnas, exercen en contraposición a función de adlátere dos lobbies empresariais, ou o que é o mesmo, dos promotores profesionais das crises.
No hay comentarios:
Publicar un comentario