21 ago 2015

OS ADAÍS DA IMPOSTURA

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia

Coa súa políticas de simulacro, o bipartidismo, nin ten intención de erradicar a corrupción, como tampouco, propósito ningún de rexenerar o sistema democrático, senón tirar partida do rendemento electoral.


Falando de corrupción, o sempre entrañable Pepe Mugica ex presidente de Uruguai, expresaba días atrás o seu parecer sobre o particular, afirmando que a erradicación da mesma  pasaba por evitar que os "paracaidistas " aterrasen na política, precisando ao respecto, que en primeiro termo correspondía aos propios  partidos impedir o acceso á función política a aqueles que polos seus actos se percibise que lles podía de mais a súa ambición pola riqueza que a súa posición pola defensa do interese xeral.

Sen diferir no substancial do exposto por tan insigne protagonista, o problema  tórnase mais complexo de resolver, cando como no caso de España, por condición extensiva o fenómeno sistematízase, xa que cando iso acontece, o conflito supera o alcance resolutivo dos partidos, toda vez, que infectados organicamente no seu foro interno, deixan de ser parte da solución para converterse en causantes do problema, chegando ao extremo que malia a existencia de leis para combater esta eiva, a implicación política e a súa influencia sobre o  poder xudicial fai que o marco legal de aplicación falle estrepitosamente tanto na súa aplicación como no seu cumprimento.

Por iso que mentres a realidade política exprese cos feitos que vivimos nun modelo de separación de poderes de freo e contrapeso, nada poderase facer contra a eliminación desta pandemia, por mais que o novo Código Penal permita teoricamente disolver partidos políticos connotados coa corrupción. Pois á marxe da formalidade da apertura de procedementos, na actual conxuntura, mais que variar, a situación manterá a súa continuidade en tanto a presenza política veña a interferir o desenvolvemento procesual coa utilización de artimañas legais de impedimento.

Iso seguirá a ser así, por mais camuflaxe que o PP e PSOE, reflictan nos seus respectivos programas electorais, toda vez que no pensamento dunha alta porcentaxe dos seus membros, a corrupción é percibida con total normalidade, ou o que é mais grave, como unha prerrogativa inherente ao feito de ter obtido electoralmente un cargo público.

Sendo por iso que con toda naturalidade non reparen o mais mínimo en suplir a demanda social pola adulteración da realidade, para así, despois de verse forzados a deixar atrás a negación dos problemas, seguir escapulindo a súa existencia tras o formato dunha lexislación inadecuada e a total ausencia de fiscalización, que conxuntamente, ademais de facer que as cousas manteñan a súa rutina, fan que non exista posibilidade ningunha de rexeneración, aínda cando coas súas argucias en reverter a situación intenten vender unha imaxe recíproca.

Razón sobrada, que confirma que ningún destes dous partidos son os axeitados  para liderar o procedemento de rehabilitación que o noso sistema político require, e non o son, porque nunha operación desta envergadura a confianza de labores non pode ser outorgada a grupos políticos de excedida servidume e connotados vínculos de clientelismo, como tampouco, a organizacións que albergaron nas súas filas a políticos de tres ao cuarto, precedidos de despistada moral e inobservante honradez. 

Pois á marxe do xa referido, se fose a súa intención a rexeneración democrática do sistema, que non blindar a  súa impunidade, debesen proceder en consecuencia e ter afrontado ao efecto a despolitización da Xustiza, como mostras de bo facer democrático e referente de probada de credibilidade.

É por iso que todo proceso de rexeneración enmarcado nos actuais termos haxa de ser interpretado como unha falacia mais do bipartidismo, pois por mais que ambos os dous actores se afanen agora en facernos crer na bondade das súas intencións, a estas alturas xa deberan saber que son os feitos, e non as palabras, os que teñen de demostrar a verdadeira intencionalidade, sobre todo, cando seus  modos de facer política non variaron o mais mínimo e contan no seu haber coa agravante de ser dirixidos polos artífices de ter orixinado e ocultado a corrupción.

Tras sete interminables anos de crise económica, sumado ao feito dunha desmesurada corrupción política, cando frustrados pola situación os cidadáns insatisfeitos empezan a mirar con receo á democracia representativa tal e como a coñecemos, a rexeneración democrática que demanda a situación, mais alá da rutineira e inútil cosmética bipartidistas, esixe sen dilación dun relevo que nos conduza cara a unha nova arquitectura político - institucional como fórmula de reaxuste da democracia participativa á nova realidade social.

Por tanto, o cambio que con urxencia precisa o noso sistema democrático, vai mais alá dos pequenos matices que en clave electoral barallan os que dende o bipartidismo, mais que erradicar disfuncionalidades buscan prorrogar a continuidade ao seu  vantaxoso xogo de alternancia no poder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario