10 abr 2015

UN ADEUS AO BIPARTIDISMO

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia

A reacción á estratexia do medo e aos obstáculos para o cambio político, debe ter por principal obxectivo a aniquilación electoral do bipartidismo.

Distorsionar a realidade é a rutina habitual dos que ostentaron ata a data a maioría política do país, tendencia, cuxa propensión  intensifícase en época electoral, por ser neste período cando a mentira toma formato extensivo, para así, a través do seu uso repetido intentar confundir á masa electoral e facelos tragar co engano, que xusto no contido das súas formulacións é onde reside a verdade, e todo, coa crenza que batendo récord de imposturas lograrán de novo gañar o voto dos cidadáns, despistando o feito, que tras o seu repetido bombardeo de embustes xa non queda espazo para a credulidade, pois despois de mil falsidades ata o mais paciente dos electores declarouse en rebeldía negándose a seguir referendando as manobras destes profesionais das andrómenas.

Aos membros desta casta política, a verdade, non só non lles importa o mais mínimo senón que asústalles, de aí o súa radical negativa a erradicar o cancro encistado no seu propio seo e o seu continuo intento en distraer a atención da opinión pública cargando sobre o adversario a responsabilidade dos seus propios erros e defectos, de tal xeito que mentres sibilinamente encobren o seu permanente latrocino de fondos públicos mediante tramas como  (Púnica,  Gürtel,  EREs, Nóos, Palau, Pallerols,etc.), dende a súa indecencia, non reparan en tirar de manual maquiavélico xerando manobras envolventes, e así, a través de falsos testemuños demonizar a quen dende alternativas políticas representan unha ameaza á súa primacía electoral, e todo iso, coa colaboración de determinados medios de comunicación que exercendo de correas de transmisión non reparan en repetir unha e outra vez as súas mentiras na  portada das súas publicacións.

Pero por mais voltas que lle queiran dar, tras trinta e cinco anos de espoliación xeneralizada do país, non hai titular mediático capaz de facer crible a falsificada versión da realidade que con subterfuxios nos queren facer tragar os que dende a súa alternancia no poder, coa súa criminal política económica, son os directos responsables de ter xerado as maiores desigualdades de renda e riqueza da nosa historia, os causantes da destrución do tecido produtivo e o exorbitante desemprego, cuxos autores non son outros que o PP e o PSOE, ou o que é o mesmo, os artífices de ter situado a un terzo das familias por debaixo do albor da pobreza, mentres a malnutrición cébase con mais de dous millóns dunha indefensa poboación infantil; e ao tempo que isto acontece, no extremo oposto dispáranse os beneficios da economía especulativa.

Nun país democrático o curso da historia tan só pódese cambiar mediante un proceso electoral, e no noso caso, a sabendas que ambas as dúas formacións teñen por común denominador o mantemento dunha maraña de incompetencia, nepotismo e corrupción, e nula intencionalidade de rexeneración do sistema, os cidadáns como  directos afectados polos seus desmandos, estamos obrigados a poñer punto final a un sistema de representación cuxa imperfección deriva cara á colonización do conxunto da estrutura institucional e por extensión cara á fenda do ordenamento constitucional.

Motivo sobrado para forzar que os comicios do 2015 poñan fin a tres longas décadas de bipartidismo como colofón ao esgotado Réxime da transición, para abrir paso a unha nova situación, onde o progresismo político e as forzas emerxentes sexan as chamadas a reverter a situación, dando mais voz e participación a unha cidadanía que aparenta estar a espertar do seu letargo político, e que en definitivam, será quen electoralmente teña a última palabra e por conseguinte quen ostente o papel protagonista no cambio necesario.

Xa que logo, neste ano electoral é mais que evidente que os electores seremos testemuñas e activistas do cambio na correlación política do país, e partícipes polo tanto dunha transformación que marcará un fito histórico ao establecer un antes e un despois no facer político, onde o bipartidismo perderá definitivamente o seu papel protagonista polo acentuado desgaste do PP e a falta de solvencia do PSOE que favorecerá o ascenso do voto a favor das forzas emerxentes como Podemos, e todo, pola existencia dunha brecha sociopolítica na conciencia cívica dunha cidadanía crítica coa regresiva e antisocial crise sistémica, promovida en primeiro termo polo Goberno socialista e logo dende o goberno conservador.

Sendo obrigado para o cambio, lograr a maioría social suficiente que facilite dende a estabilidade, activar con éxito dinámicas de transformación dirixidas á creación de emprego e a súa sostibilidade, así como, á modernización e diversificación da estrutura produtiva, ao igual que ao establecemento dunha regulación económica e financeira ao servizo da sociedade; como tamén á derrogación das leis e medidas regresivas e ao rescate dos servizos públicos e os dereitos sociais.

Obxectivo, cuxa consecución pasa irremediablemente por facer do Voto a nosa ferramenta de defensa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario