PUBLICADO 22/09/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario; Globedia
A espontánea epístola do Rei é un discurso impropio, unha declaración descontextualizada que ao amparo dun simulacro de unidade, tenta uniformar responsabilidades sobre a grave situación que padece o país.
Representa
ser un desatino o desmedido fervor
constitucional, esa defensa dos valores patrios á vella usanza, cuxos
titulares manteñen prórroga destacada
nos medios de comunicación, e todo, como consecuencia do conflito
desatado pola manifesta vontade
secesionista catalá, que excepcionalmente contou coa réplica da propia casa real en papel de destacado protagonismo, e coa directa participación do monarca, quen ao amparo
dunhas mal entendidas competencias, por medio
dunha misiva, para xeral coñecemento manifesta con toda contundencia, que o noso modelo de convivencia está
ameazado.
Insinuando
no devandito texto, que tal circunstancia é un feito reflexo, motivado pola
aspiración soberanista exteriorizada por un amplo sector da sociedade
catalá, cando tal pretensión, é negada polo marco constitucional español, que
efectivamente impide o dereito á autodeterminación das súas nacións sen
estado.
Quen
optamos por revalidar o lexítimo dereito das comunidades
históricas, quen apostamos pola diversidade, o pluralismo e a liberdade dos pobos a decidir o seu futuro,
podemos considerar estratexicamente
desacertado a elección do momento de consolidación reivindicativa da iniciativa catalá, pero moito mais
desafortunada haberá de
cualificarse a inédita intervención do Rei, entrado a inmiscirse en funcións á marxe das
conferidas institucionalmente ao rol do
seu cargo, pois en parte algunha o marco xurídico outórgalle facultades para expresar ou situarse sobre puntos de vista
políticos, como resulta ser o implícito da súa controvertida carta que para maior
abundamento interfere de modo
parcial por cando a súa publicación realízase sutilmente días antes de que o Presidente da
Generalitat, Artur Mas reunírase con
Rajoy, e tal circunstancia á parte da imperdoable intromisión no debate político toma un cariz
perigoso para a imparcialidade da
monarquía.
A
espontánea epístola do rei é un discurso impropio, unha
declaración descontextualizada que ao amparo dun simulacro de unidade, tenta
uniformar responsabilidades sobre a grave situación que padece o país,
agrupando en idéntico contexto a
culpables e inocentes,
para así, diluír responsabilidades e camuflar dereitos
constitucionais.
Por
tanto o contido da carta rexia apelando
a non perseguir quimera nin alentar disensións, delata de
xeito evidente que se trata dunha
operación coordinada, e mostra diso foi a testemuña tomada ao efecto polo
presidente Rajoy no transcurso da sesión de control no Congreso dos Deputados,
para advertir, que ante calquera intento secesionista faría gardar acatamento á Constitución non dubidando en
aplicar os seus artigos para salvagardar a indisoluble unidade da Nación e a
solidariedade entre as súas autonomías.
Táctica
que por apropiado deseño e debida anticipación creou un
ambiente prexudicial aos
intereses do presidente da Generalitat. Quen pola súa carencia de estratexia,
de falta de reacción ao non darse por aludido, supúxolle unha infravaloración que non só lle descolocou, senón que a falta
de reacción debilitou ante os seus afíns a
conquistada fortaleza das súas
teses independentistas.
É
evidente que o contido desta
ciber - carta non ten nada de improvisado nin tampouco se trata dun verso solto. Aquí a
métrica e a ritma estan coordinadas
debidamente entre os ámbitos
cortesáns de Zarzuela e Moncloa.
Utilizando como referente estratéxico
a sempre receptiva unidade de
España, coa mutua finalidade de limpar imaxe. O Borbón faio
para sacudir a deterioración
ocasionada pola súa irresponsable
cazaría de elefantes en Botswana, como tamén para resarcirse
do profundo desgaste causado á
coroa por significados membros da
familia real. Rajoy pola súa banda,
aproveitando a evidencia consultiva,
utiliza a ocasión coa finalidade de promocionar a súa publicación, e aproveitar idéntico
referente coa mesma finalidade, e así, quitar presión á súa caída de popularidade e frear o importante retroceso no apoio cidadán, para
salvar os mobles nas autonómicas de Galicia e país Vasco, e afrontar con
vantaxe o posterior rescate e a complexidade dos seus efectos derivados.
Esas
causas delatan porqué a matizada
misiva ten por única alusión de observancia , o
articulo 155 da Constitución,
relativo ás medidas de forzosa
aplicación a comunidades autónomas
hostís. E pola contra, esquece idéntica disciplina no tocante a
outras vulneracións do dereito, como son, as relativas
ao articulo 35 do dereito ao
traballo, ou ao artigo 47 do dereito á
vivenda. Ou se cala o agravio
comparativo que representa a
excepcional modificación do articulo
135, para outorgar preferencia ao pago da débeda, admitindo que os mercados financeiros aproveiten a crise para
reorganizar a sociedade a seu antollo.
Por iso, por mais que prediquen, e por mil cartas máis que redacten, o sentir
de nación non o cambiarán coa Constitución
No hay comentarios:
Publicar un comentario