PUBLICADO Diario de Ferrol; sabado,26 de febrero del 2011
Os datos demoscópicos relativos á intención de voto, poñen ao descuberto que unha boa parte do electorado, frustrado e farto do desgoberno e o despropósito socialista, decidiu pasar factura ao actual executivo por entender a existencia dun acto de estraperlo electoral nas vésperas dos últimos comicios.
Xa que logo, a situación demanda máis tenacidade resolutiva e menos tendencia á pecaminosa herexía diverxente, que resulta ser norma usual de comportamento que os políticos socialista converten en hábito en vésperas electorais, como cebo para inxenuos e despistados.
Os datos demoscópicos relativos á intención de voto, poñen ao descuberto que unha boa parte do electorado, frustrado e farto do desgoberno e o despropósito socialista, decidiu pasar factura ao actual executivo por entender a existencia dun acto de estraperlo electoral nas vésperas dos últimos comicios.
Por canto a tempo presente, é unha realidade probada, que por ambición desmedida en manter estadía na Moncloa, o actual executivo, promoveu a ocultación de datos relevantes sobre a delicada situación económica que atravesaba o país, cuxa transparencia e anticipada posta en coñecemento, á parte de variar os resultados electorais, tería sido a clave para atallar coa anticipación debida o que por clandestina inadvertencia xerou un gravísimo cambio de ciclo da nosa estructura económica, que hoxendía ameaza con encorarse na permanencia.
Tal circunstancia sumada ao factor tempo, veu demostrar que a unha organización que ten por norma, lucir rótulo de talante publicitario, lle patina a observancia aos códigos de conducta a mais non poder.
Tal condición faia capaz de que usualmente tente sacudir responsabilidades, aínda que para iso teña de imputar aos seus opositores a paternidade dun conflicto, concibido por obra e graza das súas lixeirezas políticas.
Agora acontece que a desvergoña ten superado o colmo, e coa adhesión sindical, chegouse ao extremo de disfrazar de pacto social, as drásticas medidas que por mandato exóxeno houberon de imporse como solución forzada, para frear a intervención financeira provocada polo oficialismo das súas mentiras, e o irreflexivo dos seus excesos.
Pero a pesar de semellante historial, e de que a factura do balance de goberno é altamente negativa, (un estado do benestar baixo mimos, un índice de paro superando o vinte por cento, as pensións en franco retroceso, a débeda externa estancada en 1,8 billóns de euros, é dicir, no 170% do produto interior bruto (PIB),etc.,etc.), os membros do actual executivo veñen dispostos a dar a batalla e defender até as últimas consecuencias súa permanencia á fronte do goberno, e por tanto, sabedores que as eleccións do próximo 22 de maio, pola tensionada situación política do país e a delicada conxuntura económica, modificará a tendencia proclive do voto á persoa para inclinar disposición polo sufraxio político, é por iso que á marxe dos indicadores negativos, no PSOE, son chegados, a xogar súas bazas até as últimas consecuencias, para salvar o seu futuro político, por canto os resultados acadados serán determinantes para inclinar balanza de xenerais do 2012.
Pois ben, a xulgar polas conclusións emanadas de senllas convencións (autonómicas e municipais), sen esmerarse en conclusións analíticas, pódese afirmar sen risco ao equívoco, que a estratexia dos socialista en aras a subtraer contía á notoria diferenza demoscópica, á parte de proxectar á sociedade unha imaxe de estabilidade e harmonía como grupo, consiste, en pasar folla ás nefastas políticas anteriores, borrando da mente do electorado o lastre da súa existencia, para alternativamente vender o propagado “pacto social” como un acto de responsabilidade e táboa salvación de todos os males; utilizando complementariamente a mensaxe de creación de postos de traballo como referente estrela da súa campaña de axitación; sendo casualmente esta última circunstancia, o expoñente manifesto de que os socialistas veñen dispostos a repetir a súa fazaña de enganos.
Por mais que se tente proxectar como un éxito e resultado bo facer e madurez do executivo do estado, o tan levado “pacto social” para nada nace como unha fórmula reactivadora da economía e o emprego, pois en realidade son medidas de reaxuste e contención impostas desde o exterior polo mercados financeiros e bolsistas con arbitraxe disciplinar aos ditados de Alemaña como economía líder da zona euro, e todo iso, en evitación de ser suxeitos de intervención en rescate como consecuencia de ter gastado sen control e superar en demasía o déficit orzamentario que contraven os acordos económicos europeos.
Por tanto, ás situacións por complexas que aparenten hai que adxudicarlles a denominación adecuada e perder a manía de utilizar as malas mañas para confundir a realidade.
Aquí non hai mais leña que a que arde, e o político aspirante que teña por historial a incapacidade limitativa de pór solución aos grandes retos do país, vén obrigado a proceder en consecuencia e abandonar súa labor parasitaria, por canto o interese xeral ha primar sobre mediocridades particularistas de quen fai da política a súa solución de vida.
O PSOE en só tres anos, transformou unha crise conxuntural nun cambio de ciclo, que en se mesmo non é outra cousa que unha crise exponencial de dimensión ilimitada e temporalidade incerta, sendo súa maior complexidade a destrución do soporte produtivo que mantivera as constantes de emprego até datas recentes.
Por tanto a recuperación do mercado laboral e a creación de emprego han ser algo máis serio que un testemuño no programa electoral de quen ten no seu haber o record cuantitativo de cinco millóns de parados. As políticas de dinamización e estabilización ocupacional, precisan dunha revisión xeral do caduco modelo produtivo existente, e o deseño, desenvolvemento e posta operativa dun novo patrón do mercado laboral, organizado por sectores produtivos diversificados e axustado á realidade do noso presente e á planificación do noso futuro.
Este obxectivo debe vir precedido dunha condición apremiante e dun consenso político comprometido e responsable, debendo contar de xeito imprescindible, coa reciprocidade do mundo empresarial como motor dinamizador. Pois o emprego á parte dun dereito individual, é o resorte máis efectivo da estabilidade e do equilibrio social e a chave do rexurdimento da nosa economía.
Xa que logo, a situación demanda máis tenacidade resolutiva e menos tendencia á pecaminosa herexía diverxente, que resulta ser norma usual de comportamento que os políticos socialista converten en hábito en vésperas electorais, como cebo para inxenuos e despistados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario