30 dic 2010
24 dic 2010
EU APOSTO POR GARDEL
PUBLICADO Diario de Ferrol; lunes 27 de diciembre . del 2010

Se o extinto Gardel cantaba no seu arrabaldeiro tango que vinte anos non é nada, por pura lóxica, para o cupletista Zapatero cinco anos resultan ser moito menos. Agora ben, este tonadillero do Curral da Moncloa debese cambiarlle a letra á súa copla, pois a verdade queda curta en previsións, xa que para a recuperación económica do noso país, até os vinte anos do tangueiro poden resultar exiguos.
Claro que para un presidente que accedeu ao cargo instalado na mentira, negando por activa e por pasiva o que era unha crise galopante, é pouco arriscado a estas alturas da desfeita, transmitir expectativas de solución remitidas á temporalidade dun lustro, pois quen ten demostrado perder a sensatez, é normal que tome por código a imprudencia.
Pero a realidade apunta noutra dirección, o que noso mandatario debese saber como responsable directo da hecatombe,é, que foi o destempo en asumir a dimensión do problema e a negativa en mitigar o seu alcance, quen fixo que evolucionasen os inconvenientes, e por iso, a gravidade dunha crise excepcionalmente corrosiva, derivase nun cambio de ciclo económico que trouxo inducido a destrución ao completo da estrutura de sectores produtivos, e por derivación, a perda inxente do mercado laboral.

Pode antollarse esaxerado, pero a efectos de contraste, podemos afirmar que estamos sumidos nunha situación equivalente á gran depresión do 29, e aínda que cada crise económica ten causas e efectos diferentes, as expectativas actuais orientan mais afinidade con aquelas épocas pretéritas que coa resurrección a curto medio prazo que preconiza o presidente Zapatero.
Un dos factores responsables de crack do 29, foi sen dúbida a sobreproducción, que ao estar desequilibrada con respecto á demanda, produciu un incremento dos stocks até valores intolerables, sendo tal exceso o matriz desencadeante da deflación que ocasionou a redución dos beneficios da economía especulativa, e tal circunstancia, provocou en primeiro termo a desarticulación do sistema financeiro en razón a un exercicio de risco excedido e desmedida avaricia; e resultas diso, a entrada en escena da crise económica xeneralizada con graves desenlaces para o desemprego e a proliferación das tensións sociais.
Aquela depresión do 29 xurdida do milagre ficticio que alimentou a cobiza bolsista, non puido mitigarse até o ano 52, é dicir, 23 anos despois de que se desencadease, resultando contraproducentes, as medidas reactivadoras baseadas en iniciativas de carácter público, inspiradas no crecemento artificial da demanda, sobre a base, da utilización do gasto social como fórmula de promover a ocupación e garantir a renda
Pois ben, nesta España nosa de pandereita e castañolas, parece que o goberno socialista no ano 2007, tomou prestado o espello fantasioso daqueles felices anos vinte a fin de reflectir a imaxe maqueada da nosa realidade económica, o problema foi que cando mais agraciada supúñalla, os negros nuboeiros da crise deixaron caer as primeira pingas e tal circunstancia provocou que se lle correse o rimel, e naquel momento, a fachendosa imaxe transformouse no mais horrendo dos espantallos, e con iso, o simulacro da aparencia daba paso á crúa realidade. Se a política do espellismo foi un engano, o verdadeiramente imperdoable foi estar tres longos anos coqueteando co delirio mentres avanzaba a deterioración.
Está claro que ao PSOE sóbralle tronco pero fáltalle cabeza e extremidades, e con esas eivas non se pode exercer na política...!

O sector servizos por dependencia nutriente da estabilidade da economía xeral, continuará no seu deslizamiento negativo ata que non se incremente o ángulo de inclinación do tobogán do consumo.
Aquí non se trata de deseñar un estudo de detalle,o problema ten maior dimensión e escala, e o que a situación demanda vía urxencia, é redactar un novo plan xeral de planificación e desenvolvemento de nosa sistema económico e produtivo, e de antemán este labor precisa da expurga de mediocres e a incorporación de políticos cualificados, pero tamén empeñada tenacidade e mais que nada longo tempo.
Xa que logo, aínda que non me guste o tango, eu aposto por Gardel
18 dic 2010
¡FODER, QUÉ TROPA!
PUBLICADO Diario de Ferrol; lunes 20 de dicienmbre del 2010

Coma se tratárase duns alumnos do pelotón dos torpes en maridaxe co cotío suspenso, a nosa clase política non cesa en sorprender aos electores; e calquera con dous dedos de fronte , sen ser experto politólogo, non ha facer especial esforzo para caer na conta que, distan moito de ter a cualificación precisa, para afrontar con éxito os grandes problemas que ten este país, e que en verdade, desgraciadamente non son poucos. Podendo dicirse sen risco ao equívoco, que os actuais representantes parlamentarios son con diferenza a xeración política mais cativeira e desastrosa da fecunda historia democrática, pero tamén a de maior insolencia e descaro que nos temos tirado ao corpo.

Coma se tratárase duns alumnos do pelotón dos torpes en maridaxe co cotío suspenso, a nosa clase política non cesa en sorprender aos electores; e calquera con dous dedos de fronte , sen ser experto politólogo, non ha facer especial esforzo para caer na conta que, distan moito de ter a cualificación precisa, para afrontar con éxito os grandes problemas que ten este país, e que en verdade, desgraciadamente non son poucos. Podendo dicirse sen risco ao equívoco, que os actuais representantes parlamentarios son con diferenza a xeración política mais cativeira e desastrosa da fecunda historia democrática, pero tamén a de maior insolencia e descaro que nos temos tirado ao corpo.
Este enxame de insuficientes, mais que lograr a súa credencial na limpeza dun proceso electoral, semella obtivérana como salteadores de camiños, pois caso contrario non é descifrable que manteñan o seu rango de representación e non teñan dimitido, dado que seu facer político, é a antítese dos compromisos contraídos nos seus programas electorais, cuxo contido resultou ser clave para que os cidadáns a través das urnas decantáranse por outorgándolles plenas facultades en representación do interese colectivo. Resultando por tanto que a pervivencia da actual dicotomía, á parte dunha fraude electoral en cuberto, trasloce unha afronta que pon en cuestión a solvencia das regras do funcionamento democrático.
Dicir que esta introdución é unha forma suave de censurar lexitimidade a quen amparados na deshonestidade, promoven reformas económicas de lesiva incidencia para o resto dos cidadáns, e á vez, co maior dos descaros blindan os seus privilexios e distingos nunha clara demostración de insolidariedade e negativa a arrimar o ombreiro, É obvio que veño de referirme á levada e traída reforma das pensións, en cuxo contido os señores deputados e senadores non ven prexudicado o seu excepcional e escandaloso status. É dicir, que con total naturalidade, promoven reaxustes de incidencia a terceiros, mentres os seus dereitos mantéñenos salvagardados e inalterables.
Miúdo código de conduta, un pouco máis, e fanse controladores aéreos!
Para centrar o desbarre licencioso que promoven os insignes pais da patria, cabe referir, que a famosa reforma a efectos xerais afecta a dous aspecto que por diferentes non deixan de ser complementarios, o alongamento da idade de xubilación que pasa de 65 a 67 anos, e a elevación da temporalidade de cotización que pasa de 15 a 20 anos como mínimo necesario para percibir pensión de xubilación, existindo ademais outros aspectos restritivos en correspondencia ao actual marco regulador.

Miúdo careto bótanlle súas señorías, nisto o consenso é pleno!
O ecuánime, sería erradicar discriminacións entre divinos e humanos, e aplicar un cálculo sobre o cómputo de toda a vida laboral, como métodos mais xusto e racional no establecemento de proporcionalidade entre a cotización da vida activa e o receptado tras a xubilación
Pero con todo, parece que as árbores non lles deixan ver o bosque, e existe un empeño obsceno tras a reforma que non é outro que tentar ocultar a súa orixe, pero por mais que se encubra a verdadeira razón da metamorfose das pensións, radica no enfraquecemento do seu circuíto de estabilidade, inducido por un receso laboral de case 5 millóns de parados, un desemprego xuvenil que supera o 44% e unhas espléndidas prexubilacións aplicadas en temperá idade a traballadores excedentes de sectores en reaxuste ou regulación.
Esta circunstancia crea un efecto descapitalizador e desestabilizador ao que hai que marcarlle solución inmediata e preferente, suposto contrario, entrariamos nun proceso encadeado de reformas e contrareformas, e con total seguridade ante a propia quebra do sistema, pois o verdadeiro hándicap vén provocado pola convivencia contra natura entre o precario mercado de traballo e a ascendente evolución demográfica dos pensionistas.
Pero a xulgar polo feitos, a clase política non ten unha soa idea propia para afrontar a saída da crise, e ese é o motivo pola que establecen a reforma das pensións, cando non é o momento e vai en sentido contrario do verdadeiramente prioritario que resulta ser a creación de emprego.
O maior empeño debese centrarse e pór todos os resortes dispoñible para dinamizar o mercado de traballo e exporse como primeira meta a redución do índice de paro á mínima europea, logrando con iso, á parte de erradicar situacións vegoñentas e antisociais, a capitalización derivada de ingresos por cotización superiores aos 20000 millóns, e por riba a redución substancial de pagos por desemprego, subsidios e demais prestación.
Finalizo sentenciando que calquera iniciativa que relegue o perentorio a condición de accesorio, non fará mais que prorrogar no tempo a apertura ao futuro, pero constatando que as solucións non xorden por xeración espontánea, á vista do actuado, hase afirmar que a actual clase política non acada o nivel de cualificación axeitado para afrontar esa meta.
A situación demanda con urxencia eleccións anticipadas ou caso contrario a prórroga do desastre está servida, pois estes badulaques non dan máis de seu.
17 dic 2010
6 dic 2010
ENTRE O DESACATO E O FESTEXO
Sería inimaxinable concibir un país que non dispuxese dun marco xurídico supremo, unha norma fundamental determinante das pautas que deben rexer os dereitos e deberes dos seus cidadáns, e que á súa vez, conformase o vértice da pirámide funcional das súas institucións.
Eu que sempre mantiven unha postura díscola sobre certos contidos da actual Carta Magna, até o extremo de abrírseme dilixencias xudiciais por manifestacións realizadas sobre a mesma, a tempo presente, como demócrata militante asumo a vontade maioritaria de quen referendaron a súa aprobación, pero por mais tolerancia que me conceda, sigo mantendo as miñas discrepancias en razón á carencia de ecuanimidade entre o contido deste código preponderante e a nosa realidade como pobo.
Nestes tempos que corren, posiblemente máis que nunca a diverxencia é un todo manifesto, e o quebrantamento cotián do intocable texto constitucional resulta ser unha constante, que por se mesmo, presupón unha afronta aos dereitos fundamentais que o marco regulamentario ten conferido aos cidadáns.
Unha sociedade extenuada como resulta ser a nosa, onde a miseria con maiúsculas cernese sobre miles de fogares e familias, onde os obrigados a garantir a dignidade da sociedade, teñen catapultado o paro a cifras de calafrío; mírese por onde se mire, é anticonstitucional que despois do desastre xerado polos seus excesos e desgoberno, tenten agora, resolver a crise, suprimindo dunha plumada a vergoñosa esmola de 426 euros, que resultaba ser, a única percepción daqueles homes e mulleres que esgotaron a prestación do desemprego.
Á vista dos feitos, semella que algunhas liñas da constitución quedaron derogadas, ou resulta que, intencionadamente os garantes de velar pola mesma, optan por facer caso omiso do seu contido, e en especial, refírome aos parágrafos que ligan o dereito ao traballo coa garantía a dispor dunha remuneración suficiente, para satisfacer as necesidades do cidadán e as da súa familia.
Pois miúda maneira de corrixir os desequilibrios...!
Vaia fórmula de promocionar súa cacarexada política social...!
É dicir, estes señores desde súa estrutura política, teñen a ousadía de manter invariables súas suculentas e multimillonarias prestacións económicas por levar ao país á ruína, e con idéntico descaro, queren repercutir a factura da súa hecatombe, en quen, para maior desgraza son directos afectados dos nefastos resultados que produciu o seu desgoberno e irresponsabilidade.
Estes métodos ou maneiras, aproxímannos máis a tempos pretéritos, a épocas de desagradable recordos, co agravante, de que agora consúmase o absolutismo lexislativo, contrariando a ordenación lóxica do marco constitucional, sen importar que o seu contido, veña de representar a vontade maioritaria que os cidadáns manifestaron en referendo o 6 de Decembro do 78; e tal circunstancia por inseguridade xurídica, ameaza con pór en quebra o estado de dereito.
Cada tempo ten súas dificultades, sendo obvio que hai que encarar solucións, pero se as circunstancias demandan aplicación de medidas drásticas para superar os atrancos, tales medidas, han concibirse nun mesmo plano de igualdade e sobre a identidade e pervivencia dunha repartición equitativa de cargas e sacrificios, non sendo admisible, que se cancelen prestacións de emerxencia social aos parados de longa duración, en tanto non establezan solucións operativas ao futuro dos seus perceptores, e mentres as clases acomodadas ou favorecidas seguen instaladas na opulencia.
Quen de forma duradeira e continuada sofren o azoute do paro, non poden converterse en chibo expiatorio da crise, non se pode xustificar a retirada da súa imprescindible prestación, en razón a promesas políticas de solución futura, como o nacemento dunha nova axenda social, ou a promulgación de Lei de Reforma das Políticas Activas de Emprego. Iso non é nin máis nin menos que un método pouco ortodoxo de oficializar a inxustiza e adobala con vexatorias e inxustificables desigualdades, e tal extremo, entra en colisión directa co espírito do incluído constitucional
A Lei Fundamental, non se reforza con festivos no calendario, nin con celebracións protocolarias de pompa e boato, nin moito menos, con lectura ininterrompida do seu articulado, senón co cumprimento exhaustivo do seu implícito.
Por tanto para rematar, querería lembrarlles aos responsables de velar pola orde constitucional, que a coherencia da Carta Magna, non vén outorgada exclusivamente pola letra impresa do seu contido, senón pola súa preponderancia, cumprimento, acatamento e inviolabilidade.
Non sendo de recibo, que a inobservancia ou aplicación contraditoria, anule dereitos fundamentais e sitúe á clase social mais débil en localización de indefensión e desamparo, con indución á realidades dramáticas e emprazamento forzoso na escaseza dos medios necesario para seguir vivindo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)