PUBLICADO EN : Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Sen erradicar da vida política prácticas ilexítimas como o «transfuguismo». resultará imposible vigorizar a democracia, pois mantendo o acceso aberto a quen antepón o seu propio aproveito á defensa do interese xeral, a vía da involución farase endémica.
No coruñés concello de Fene a axitación política fíxose dona da actualidade, e todo, como consecuencia da Moción de Censura interposta contra o actual alcalde do BNG por quen foi o seu antecesor no cargo e politicamente membro do super - corrupto Partido Popular, que sorprendentemente contou para tal manobra de derrocamento co apoio explícito de dous concelleiros tránsfugas.
Despois de ser vangarda e referente do municipalismo mais alá dun cuarto de século tras a instauración da democracia, o Concello vive actualmente as horas mais convulsas da súa historia, tal é así, que tras 39 anos de corporacións democráticas, - en segundo intento - esta é a primeira ocasión que unha Moción de Censura altera o normal funcionamento de a institución municipal fenesa.
Non debendo estrañar á veciñanza do Concello a súa entrada en escena, considerando os factores de dependencia laboral e económica que acompañan a boa parte dos corporativos promotores da mesma; que coa súa aprobación ademais de ver resoltas as súas limitacións pecuniarias, ven protexido o seu status e blindada a súa revogación.
Protección, que anacrónicamente outorga a estes tránsfugas a indemnidade para pasarse de bando e traizoar aos seus electores baixo prezo ou mercé; a teor da feble integridade moral dos seus membros e a súa total ausencia de vocación de servizo público.
Si alarmante é, deixar de novo o goberno municipal de Fene en mans dos artífices de esnaquizar as institucións coa súa corrupción, moito máis pavoroso resulta comprobar que quen a través da Moción de Censura facilitáronlle ao PP o acceso ao poder, son dous concelleiros que pescaron a súa credencial de representación institucional no caladoiro electoral da esquerda, e que para maior engano, nos comicios municipais ilusionaban á sociedade proclamando aos catro ventos xusto o contrario da felonía que agora viñeron a consumar
Estou a referirme aos "zascandiles" de Somos Fene, aos membros daquela candidatura que en campaña electoral en clara alusión ao Alcalde que agora promoven, prometían rexenerar o ente municipal; e que actualmente polo seu repelente transfuguismo ideolóxico e o radical cambio de parecer resultan non ser de fiar.
Nun municipio onde continuadamente desde a instauración da democracia a esquerda no seu conxunto sumou máis votos que a dereita, como actualmente segue ocorrendo; por aritmética electoral resulta imposible que un partido como o PP que conta co apoio dun terzo escaso dos votos, tivese posibilidade algunha de facerse co bastón de mando da alcaldía, a non ser que se impuxese a bastardía política sobre a dinámica democrática, de tal modo que os pactos contra natura e a confluencia de intereses persoais prevalecesen sobre a vontade popular.
Isto é xusto o que aquí veu acontecer coa rocambolesca Moción de Censura, secundada desde Somos Fene, utilizando artificios gansteriles, conseguiu que o voto limpo e progresista depositado no seu favor polos electores, se transmutara na emblemática gaivota do PP que agora xa aniña na alcaldía do Concello; un obsceno proceder dos que van á política para lucrarse dela, nunha tentativa máis que evidente de facilitar que a indecencia se apropie da democracia. Un comportamento nauseabundo e vomitivo
Xa que logo, aos inimigos da esquerda na localidade non hay que buscalos entre os seus votantes, toda vez que o apoio electoral cara ao progresismo mantense inalterable co paso do tempo a pesar da variable diversidade das formacións que conforman o seu ámbito.
Onde realmente radica a descapitalización da esquerda no municipio, é na total ausencia de integridade e na falta de honradez dunha boa parte do seu sector dirixente, como pon de manifesto a vendetta consumada por Somos Fene contra a vontade dos seus enganados electores; como tamén, o implícito apoio do PSOE á Moción de Censura que sibilinamentre disfrazou de abstención buscando gardar as aparencias.
En contraposición é de salientar á actitude firme e de compromiso co progresismo mostrado por PODEMOS, EU e BNG a través do rexeitamento da Moción de Censura e defensa da continuidade do Goberno municipal, o que de seu lles confire por consecuente proceder a autenticidade representativa de esquerdas
Queda visto por tanto, que foron os transfugas de Somos Fene e a falsa esquerda do PSOE, os que sen fundamento argumental probado, nun Concello con maioría electoral de esquerdas, regaláronlle a alcaldía á mafia política do PP, razón sobrada para desenmascarar entre todos aos membros desta trama de indecentes e aos propios beneficiarios da felonía, coa finalidade de ir limpando o Concello de arribistas, aproveitados e persoeiros sen ética para exercer a actividade política con integridade e en suxeición á vontade expresada nas urnas polos electores.
Mentres isto non aconteza, a alcaldía usurpada polo "farolas" non deixará de ser unha apropiación indebida
No hay comentarios:
Publicar un comentario