4 mar. 2016

AO PSOE NEOLIBERAL, MELLOR NON.

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia

A situación creada co proceso de investidura, alerta  que  de non consumarse a converxencia  entre movementos sociais, asociacións e esquerda política como réplica á ideoloxía neoliberal, a división  será  o maior  impedimento para o cambio.

Visto o debate de investidura, quen teña en mente abrir  paso a un novo tempo político desde a esquerda, ten de asumir que tal labor  é de imposible consecución  en tanto o PSOE leve a voz cantante de tal iniciativa, pois   aínda resultando  o menos malo dos dous partidos hexemónicos que alternaronno poder desde 1982, en ningún momento actuou en liña de crebar  a estrutura e a cultura institucional herdada do franquismo; máis ben ao contrario, optou non só  por manter a súa prórroga senón que  introduciu á vez  no  ADN do partido o  mais radical neolibarismo. 

Tal é así, que  despois de ostentar durante vinte anos funciones de goberno, a pesar do suposto carácter  socialista, non só demostrou non ter  coraxe para  amansar ao capitalismo, senón que  medorento da  súa xerarquía someteuse en todo momento aos ditados dos mercados e demais  poderes financeiros, sen reparar o mais mínimo no prexuízo repercutido da súa actitude cara aos intereses de quen supostamente representaban. 

Enrevesado proceder cuxo último  referente foi a reforma exprés  da Constitución, que levada a termo ás costas da cidadanía puxo de manifesto  que de ningún xeito o  PSOE sirve para canalizar as aspiracións  da   esquerda  e agora  menos que nunca,  sen que haxa rexeneración posible distinta á  súa reconstitución  desde outras coordenadas.

Posibilidade de emenda   que  antóllase cada día  mais difícil de alcanzar á vista da súa reafirmación na  traxectoria mantida  nos últimos anos sobre temas fundamentais que a teor do prexuízo repercutido  no interese xeral  e a deríva da súa actual  dirección no  que a alianzas  de gobernabilidade refírese, desaconsella  para todos os efectos  valerse dese partido para ningún obxectivo de esquerdas. 

Pois polo   seu facer político   perdeu toda credibilidade  ata o extremo de deixar  de crer en si mesmo, unha controvertida  situación que pon de manifesto  que   o feito   militante de ningún xeito   adxudica etiqueta socialista, por iso é polo que aínda que pretendan facernos crer que si o son, a súa política económica en favor da oligarquía financeira e empresarial é indicativa  que o seu teórico progresismo  quedou supeditado á lóxica neoliberal por mais discursos de aparencia  que veñan utilizar   coa finalidade de seducir  ao electorado. Argumento sobrado para afirmar que polo seu proceder, a tempo presente  o PSOE deixou de ser o referente da esquerda.

É mais que evidente  que por gradual deterioración o modelo que dominou  a escena política desde1977 conduciu ao país a una depreciación institucional sen precedentes,  sen que tal circunstancia fixera  reformular aos directos responsables  do desastre un  cambio de rumbo no seu facer político     como pon de relevo a teimuda actitude  do PSOE, que en tarefa de formación de goberno mais que retomar o seu ideario e optar por cambiar as regras de xogo, aposta pola continuidade que representa  seguir aplicando como solución as políticas causantes de tan anómala  situación,   co  agravante engadido que presupón a súa renuncia á conformación  de   toda alternativa de progreso, unha decisión  que por se mesma acaba por frustrar a unidade da esquerda,  e pechar baixo sete chaves  toda probabilidade  á conformación dun goberno para o cambio.

Xa que logo, quen desde a esquerda queira dar pasos en positivo cara a un novo tempo político,  máis aló de deixarse levar  por artificios mediáticos e versións adulteradas,  ten de saber de antemán  que o PSOE  é alleo a ese ámbito  de significación  ideolóxica, pois á hora da verdade a súa práctica política  é reflexo do fundamentalismo   neoliberal e de acatamento ao mandato  dos mercados, formulacións diametralmente opostas aos postulados pola esquerda real  e progresista, mais proclive a implementar un  cambio de modelo que salvagardando  o marco de liberdades  propicie maiores cotas de prosperidade desde dinámicas de crecemento,  e sempre, tendo presente o cumprimento do mandato electoral. 

Por iso agora mais que nunca, por dignidade  democrática  as verdadeiras forzas de esquerda nun exercicio de responsabilidade  deben limar asperezas para  unha vez alcanzada a  confluencia traballar polo cambio político, sobre a premisa  de gardar respecto á  vontade dos electores. Pois nunha  democracia que se prece a función política  non pode desempeñarse  relegando a un segundo plano á cidadanía na toma de decisións, e moito menos, burlando a soberanía popular  conferindo exclusiva facultade de arbitraxe a quen teña atribuída a condición de militante, e iso ten  de ser así , para  poder  corrixir  a actual deriva  e impedir  desde a maioría progresista a investidura  de quen a través de subterfuxios e cambalaches  tenta converter  o neoliberalismo no seu programa de goberno. 

Con todo,  tal obxectivo  será  de imposible consecución  en tanto  a madurez política  non se faga dona da situación,  e mentres os nove millóns de votos que capitaliza a  esquerda real no seu conxunto,   sigan malgastándose    na absurda dispersión  de diferentes candidaturas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario